19 feb 2016

GRACIAS FORGES!!! por agasallarnos con tres das túas obras, pero aínda che agradecemos máis a túa fina ironía, a túa filosofía crítica, o teu humor para contar tanto o bo como o malo deste mundo... a túa retranca como parte que che toca de bo galego...gracias por SER.



Sabemos que a lectura é una das túas paixóns e intentamos que nos nosos alumnos e alumnas se esperte  tamén ese interese, para que lles axude a "sacarlle punta ao mundo" como ti fas de forma extraordinaria.

12 feb 2016

 O AMOR E OS MITOS

 Aproveitando a conmemoración de San Valentín, os alumnos de 4º ESO de cultura clásica, andan a investigar qué deuses e deusas gregos e romanos eran os encargados de xestionar este nobre sentimento  nos  humanos.
Tamén están descubrindo que hai mitos  moi belos  nos que o Amor é o protagonista ( Hero e Leandro, Píramo e  Tisbe ),  e que ademais son fonte de inspiración  de obras literarias tan coñecidas hoxe como Romeo y Julieta  de W. Shakespeare, a Fábula de Píramo y Tisbe de L. de Góngora; de moitas obras de arte como a pintura Paisaje con Píramo y Tisbe de Nicolás Poussin (1651); de  edificios como a Torre Leandro en Estambul... Para ver algunas destas influencias ver http://es.slideshare.net/fastum/pramo-y-tisbe-11332662

11 feb 2016

 O Día de San Valentín xa está aquí...

e o noso III Certame de Cartas de Amor así como a recollida e posterior entrega de mensaxes de amor, aínda que comenzan xa ista semana, vanse a celebrar tamén ao longo da próxima.
As bases do III Certame de Cartas de Amor e o buzón para entregalas  están á vosa disposición  na biblioteca, no andel central.
 
O "Buzón do Amor"  para que depositedes as  vosas   agarimosas mensaxes encóntrase á entrada do instituto. Os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato serán Os Mensaxeiros do Amor, como todos os anos,  encargados de repartir as mensaxes aos seus destinatarios.
 
 


Animádevos a participar!!!

1 feb 2016

A nosa Paz 
o resultado do traballo, levado a cabo polo alumnado na titorías, sobre as imaxes da guerra, quedou reflexado nun mural que foi exposto na entrada do centro.

Imaxes tomadas da páxina elorientablog.blogspot.com



Algunhas das duras imaxes  que os alumnos e alumnas comentaron.

 
 

Sobre o muro destas imaxes construímos simbólicamente a palabra PAZ...



 con poemas...







  
 e símbolos...


Malala Yousafzai, premio Nobel da Paz 2014, que foi atacada polos talibáns por defender o dereito das nenas do seu país á educación, dixo en certa ocasión que "los extremistas han demostrado qué es lo que más temen: a una niña con un libro". Ten moita razón e nós dende Afonsa propoñemos algunhas lecturas para a paz.
No andel central da biblioteca podedes atopar unha escolla de libros pola paz.




 

26 ene 2016

"CONSTRUÍNDO" A PAZ...

 Despois dun ano 2015 tan turbulento no que a terror, odio, extremismos... se refire,  dende o IESP Fontem Albei intentamos ir construíndo entre todos un espazo no que estén presentes a empatía e a tolerancia para contribuír a que a Paz sexa algún día cotidiá.  
Para conseguilo, "miramos" as situacións de violencia que están a suceder no mundo para non ser cómplices coa nosa indiferencia. Dende as titorías, todos os cursos andan a comentar unha escolla de corenta "imáxes da guerra", poñéndonos así coa nosa "mirada" no lugar dos que sofren o horror da violencia, da fame, do terrorismo...
Coas palabras dos poemas pola Paz, cos símbolos debuxados pol@s alumn@s, e sobre todo coas ganas de deixar moi claro que queremos un mundo mellor, a nosa mensaxe  está a quedar impresa 
na máis bela das palabras: PAZ.
Cando rematemos a nosa "construcción" exporemos o resultado á entrada do centro xunto coas imaxes da guerra contadas e comentadas.

16 dic 2015

BOAS FESTAS E AGRADABLES LECTURAS...

Que mellor agasallo, para un mesmo e para os demáis, que disfrutar tranquilamente dun bo libro ou dunha película. Aquí  deixamos algunhas das vosas recomendacións   para  aproveitar no Nadal.





Algunhas das  referencias dos libros que recomendastes para iste Nadal están "colgadas" da árbore que fixeron os alumn@s de 3º da ESO e de 1º de Bac, aproveitando as "mans violetas" do Día contra a Violencia de Xénero. E que somos así de apañadiños...








Que borrosos... quen son?


As pelis que están no andel central da biblioteca, na exposición de "Dereitos Humanos e cine", son una moi boa opción para levar a casa nestas vacacións. E tamén tedes una escolla de libros xunto a nosa particular árbore navideña.














LLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLPDDD



13 dic 2015

DEREITOS HUMANOS E CINE




O cine entretén, emociona, entristece, pero tamén nos fai pensar e reflexionar sobre o mundo; de aí que sexa un bo recurso educativo para sensibilizarnos sobre dereitos sociais.
Neste 10 de Decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, presentámosvos unha escolma de películas, que tedes á vosa disposición na biblioteca, para que, ademáis de pasar un bo rato, pensemos na importancia duns dereitos naturais que deberían ser sempre obxecto de respecto por parte de todos e en todas partes.


 Cada un dos 30 artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos vai acompañado de recomendacións cinéfilas que, como xa estamos preto do Nadal, podedes disfrutar no voso tempo de lecer.
Podedes curiosear as distintas películas escollidas  e atopar información sobre a historia dos Dereitos Humanos na exposición da biblioteca.
 Animádevos a levar algunha para Nadal!!!