24 oct 2012

24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares

Outubro é o mes das Bibliotecas, e hoxe, 24, é o Día das Bibliotecas escolares. Biblifonsa conmemora este día sacando os seus fondos de novidades para ó corredor da entrada da Biblioteca.Esperemos que vos gusten e curioseedes neles,e que os collades para ler e desfrutar.

17 oct 2012

Manifestación de estudantes na Fonsagrada

Hoxe, día 17 de outubro, os alumnos do IESP Fontem Albei manifestáronse facendo un parón no tempo lectivo as 12:30 no que percorreron as principais rúas da vila expresando o seu descontento cas últimas medidas tomadas en materia de educación berrando diferentes cánticos de protesta e pegando varios carteis satíricos. Mañá farán unha folga que durará todo o día lectivo polas mesmas razóns antes mentadas.

Outubro,mes das bibliotecas

Outubro é o mes das Bibliotecas e para conmemoralo, propoñémosvos un xogo. No panel da Biblioteca que está colocado na entrada da mesma hai un papel-mural que de momento está en branco,pero temos que enchelo. Para enchelo,ocurríusenos unha idea. Cada un de vos, que queira participar no xogo, terá que coller o libro que estea lendo neste momento. Senón estades lendo ningún, non hai problema, collede o libro que teñades máis a man. Abrídeo pola páxina 56 e escollede a 5ª liña Escribide esa liña no papel-mural Deixade tamén o voso nome,curso,título e autor do libro. Animámosvos a participar tanto escribindo como lendo o que hai no papel-mural.Ó mellor descubrides algunha frase interesante e vos entran ganas de ler ese libro. BO MES DAS BIBLIOTECAS A TOD@S Se queredes var mais fotos,visitade a páxina do Facebook do Instituto.

4 oct 2012

Estamos de volta!!!

Xa estamos aqui. Biblifonsa estase a preparar para o novo curso 2012-2013. As actividades do mes de outubro estasen cocendo no forno e a puntiño de saír. Permanecede atentos ás suculentas novidades que se aproximan. E mentres tanto seguide lendo e contando.