Hoxe foi o día de entrega de notas e de levar libros prestados para o verán. Foi moi agradable ter a biblioteca a pleno rendemento toda a mañá.
Afonsa espera que pasedes un verán cheo de boas lecturas.
Vémonos en setembro!
23 jun 2015
19 jun 2015
"Os camiños do tempo.O documental"
Hoxe que estamos de fin de curso, tivemos a estrea do documental "Os camiños do tempo". Despois de facer a estrea no CGAI na Coruña o pasado día 12 de xuño, hoxe tocou mostrar o traballo na Fonsagrada. E como nos encanta compartilo, para todos aqueles que o queirades ver... Aquí o tedes! Podedes velo facendo click AQUI
18 jun 2015
Lecturas para o verán
Xa chega a época estival e Afonsa quere que pasedes unhas vacacións lectoras o mais divertidas posibles.
Na entrada da biblioteca tedes recomendacións literarias para o verán, e recordade que dentro da biblioteca tedes moitísimos libros moi interesantes e divertidos que podedes levar para ler no verán!
Na entrada da biblioteca tedes recomendacións literarias para o verán, e recordade que dentro da biblioteca tedes moitísimos libros moi interesantes e divertidos que podedes levar para ler no verán!
1 jun 2015
O rincón dos artistas
Non tiñamos ningunha dúbida de que os nosos alumnos eran uns verdadeiros artistas. E como queriamos compartilo fixemos o noso propio "Rincón dos artistas" Fixádevos que traballos tan incribles!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)