25 nov. 2012

SENDO MULLERES

O día 25 de novembro celébrase o Día internacional contra a violencia de xénero e desde o noso centro quixemos nesta data lembrarnos daquelas mulleres galegas que fixeron historia ao longo do tempo. Con isto pretendemos salientar a idea de que as mulleres son peza fundamental da nosa sociedade e están en continua loita para ter un espazo no que poder realizarse e ser elas mesmas.

Os rapaces e rapazas de 3º da ESO fixeron un fermoso documento que recolle unha pequena mostra destas protagonistas (concretamente 24) e gustaríalles que participásedes activamente nesta celebración botándolle unha ollada pausada ao vídeo e cubrindo un cuestionario con preguntas sobre estas mulleres . Entre os alumnos que cubriran correctamente todas as preguntas realizarase un sorteo para gañar uns agasallos. Tanto do vídeo coma do cuestionario poñémosvos os enlaces adxuntos a continuación.

Animádevos e participade.




22 nov. 2012

Adopta un libro

Este ano Biblifonsa quixo repartir os seus libros con aqueles que os quixeran recibir. Durante todo este curso estará en marcha a Campaña "Adopta un Libro". A campaña xa comezou,e está tendo bastante éxito. Xa sabedes que todos e todas aqueles que queirades adoptar un libro para poder telo na casa,lelo,prestalo,acariñalo ,podedes facelo. Simplemente tedes que achegarvos á entrada da Bilbioteca e alí están expostos os libros para poder ser adoptados. Só tedes que deixar o voso nome a apelidos e o título do libro que adoptades nas follas que están colocadas no taboleiro. Animádevos e adoptade un libro!! Se queredes ver mais fotos podedes facelo no Facebook do Instituto.

6 nov. 2012

O Ecosistema e os cogomelos

Como estamos en outono,toca aprender un pouco sobre os seus froitos.E como non podía ser de outro xeito,estamos a aprender sobre cogomelos. Gloria,a profesora de Ciencias Socias de 1º e 2º da E.S.O. fixo un ecosistema cos seus alumn@s no que non falta detalle.E nese ecosistema temos diferentes tipos de cogomelos, dos que aprendimos sobre as suas características,como recollelos,e algúns ata como cociñalos. O remate de toda esta aprendizaxe será ó venres na hora do recreo,no que teremos unha degustación de pizzas elaboradas con diferentes tipos de cogomelos. Unha actividade cun final ben sabroso,non si? Se queredes ver todas as fotos do Ecosistema e dos cogomelos podededes facelo no Facebook do Insituto.

5 nov. 2012

Samaín na Biblioteca

O Samaín/Halloween tamén chegou á nosa Biblioteca,e quedou terrorífica.Paula, a profe de Educación Plástica e os seus alumnos e alumnas de 1º de BAC e de 1º da ESO fixeron un traballo de medo!!Lectores sen cabeza,tumbas,corvos,morcegos,cabazas...Non falta nada!! Aquí podedes ver unha mostra terrorifica.O resto das fotos están no Facebook do Instituto.