24 feb 2017


ROSALÍA DE CASTRO, SEMPRE PRESENTE.


Neste 24 de Febreiro, entre Entroidos e exames, sempre rememoramos a gran importancia que Rosalía de Castro ten na nosa Cultura. Tanto dende o punto de vista literario como dende a repercusión da súa vida na emancipación da muller, Rosalía supón un claro exemplo de virtude e esforzo que merece ter sempre presente.
As reminiscencias da súa obra están por todas partes aquí en Galicia e máis alá das nosas fronteiras, en campos moi distintos. Co nome  de Rosalía de Castro podemos atopar infinidade de rúas, museos, casas da cultura, escolas, institutos, asociacións... A súa imaxe voa tan alto que incluso aparece nos avións  da compañía aérea Norwegian e estase comtemplando a posibilidade de cambiar o nome ao aeroporto de Santiago de Compostela polo da nosa poetisa.
O tempo parece que no caso de Rosalía si que lle vai facendo xustiza. Nós, dende Afonsa, tamén nos sumamos a ese recordo tan merecido. Expoñemos os libros da nosa autora e facémolo nuns mobles moi especiais xa que se trata de enseres, que andaban sen moito rumbo polo instituto, e que os alumnos de PMAR restauraron, no obradoiro que ten lugar os mércores pola tarde, coordinados pola profa de Inglés María Ansede. Gracias ao esforzo de todos eles a nosa biblio luce así de estupenda:




Escaleira restaurada polos alumnos do obradoiro


A mesa na que están algunhas obras de Rosalía tamén é obra
de alumnos de PMAR

 Jónathan e Jorge son dous dos alumnos de PMAR que participan
 no obradoiro de restauración.

ENTROIDO NO IESP FONTEM ALBEI!!!



O 24 de Febreiro é día de troula, preludio dos días vindeiros. No noso Centro non faltaron disfraces, comparsas nin obras de teatro satíricas. O mundo ao revés é a consigna destes días, e así o demostraron alumnos e profes coas súas caracterizacións.
A obra de teatro dos rapaces de 4ª ESO puxo a nota crítica cara a un tipo de educación que non consideran adecuada para comprender o mundo; no " Mundo de Nunca Jamás" non podería ser de outro xeito, os libros e aprender divertíndose non son incompatibles.












20 feb 2017

2º de Bac reparte as tarxetas de AMOR

Como xa forma parte da tradición do noso centro, Cupido e os seus acompañantes repartiron as  amorosas mensaxes de Amor aos seus destinatarios. Acompañados de música e moito corazón foron percorrendo as aulas para que o estimado sentimento do Amor se deixara sentir por todos os rincóns do noso instituto.
 Aquí vos deixamos algunhas fotos. O resto podedes velas no facebook do Fontem Albei. 














 

13 feb 2017




AFONSA NAMORADA

Aproveitamos que chega o San Valentín para poñer a proba as dotes literarias do noso alumnado respecto a un sentimento que da moito que falar... escribir e ler.
Xa está todo preparado para recibir as cartas, as tarxetas e as felicitacións creativas de Amor!!!
 Neste San Valentín 2017 o EDL e o Equipo da Biblioteca propoñen tres actividades relacionadas co Amor.
Como todos os anos, temos o buzón que está no corredor para que depositedes as vosas amorosas tarxetas que logo repartirán aos seus destinatarios os alumn@s de 2º de Bac, como ven sendo habitual.
Na biblio tendes un buzón, en forma de corazón, onde podedes deixar as Cartas de Amor que con moito agarimo dediquedes a alguien ou a algo moi especial. Haberá  premios para aqueles que deixen patente as súa arte literaria.
E por último, temos o I Concurso de Felicitacións Creativas para que poñades en funcionamento a vosa imaxinaión á hora de expresar os vosos sentimentos. Cando as teñades listas depositádeas no Saco Do Amor.
As bases dos concursos están na biblioteca, así como unha escolla de Lecturas para namorar que tedes á vosa disposición na biblio.

O martes 14 de febreiro pasade pola biblioteca para coller o voso libro e levaderes tamén un bonito e práctico marcapáxinas con "moito corazón"!!!!

                                       
Lecturas para namorar
                                  
A nosa árbore viste con moito corazón.



Novo Certame de Felicitacións Creativas.




IV Certame de Cartas de Amor




A "caixa" das lecturas foi decorada por alumnos de 4º no seu tempo de lecer


Hugo, Adrián e Diego axudando a pintar os marcapáxinas.


Buzón para as tarxetas de Amor.



Xa sabedes o camiño...




















O IESP FONTEM ALBEI POLA PAZ