30 ene 2015

Que é para ti a paz?

Podería parecer un día calquera na biblioteca, pero en Afonsa estaba a empezar un debate interesantísimo sobre a paz. Queres ver o que pasou? Pois poderas sabelo cando vexas o seguinte vídeo.


O panel da Paz

Lucía, Alba e Rubén quixeron facer un panel especial para a paz. Para elo primeiro fixeron pombas da paz collendo as suas mans como plantilla. Despois de recortalas e deixalas bonitas, cada un colleu unha delas e escribiu a sua mensaxe de paz.
Pero como saben que a paz tamén empeza por compartir, decidiron facer pombas para que os seus compañeiros puideran deixar tamén as suas mensaxes de par no Panel da Paz.
Parabens aos tres polo seu traballo e a sua iniciativa!









Quen probou co seu móbil os códigos QR?

Coa morea de códigos QR que hai polos corredores seguro que a alguén lle picou a curiosidade para ver que é o queu agochan detrás...





30 de xaneiro, Día da paz

Dende 1964 o 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz. Faise coincidir esta conmemoración coa data da morte de Gandhi. En 1994 foi recoñecida pola UNESCO.
No Fontem Albei queremos educar e ser educados dende o respeto, a tolerancia, o respeto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.
Sabemos que a paz é un traballo de formiguiñas, de día a día, que é como tentamos facelo. Pero aínda así quixemos facer algo especial para hoxe.
Temos o panel da paz no que tanto traballaron Lucía, Rubén e Alba. Temos o vídeo especial da Paz na que traballaron alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO. Tamén usamos as novas tecnoloxías e os alumnos de Tecnoloxía nos levan a facer un percorrido polas diferentes personalidades relacionadas coa paz  agochadas detrás dos códigos BIDI colocados polo Instituto.
Irémosvos amosando noutras entradas estes traballos.
En definitiva, todos e todas queremos e traballamos pola paz e a non violencia.


12 ene 2015

Charlie Hebdo

A barbarie terrorista non ten límites. O ataque acontecido en París contra os redactores/debuxantes do semanario satírico Charlie Hebdo debería de servir para facer unha reflexión sobre a importancia da toleracia, da convivencia pacífica e da liberdade de expresión. Dende o alto da montaña fonsagradina queremos facerlle saber ao mundo que "Nós somos Charlie" , porque defendemos esa liberdade de expresión e porque creemos que a convicencia entre as culturas e as relixións ten que ser pacífica e dende o respeto.



9 ene 2015

Ler no 2015

Afonsa está de volta! E ademais está desexando compartir durante o 2015 todas as aventuras posibles e imaxinables. E todo vai ser grazas aos libros.
No andel de novidades xa están empezando a aparecer novos títulos. Non esperedes moitos para collelos!