30 ene 2015

30 de xaneiro, Día da paz

Dende 1964 o 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz. Faise coincidir esta conmemoración coa data da morte de Gandhi. En 1994 foi recoñecida pola UNESCO.
No Fontem Albei queremos educar e ser educados dende o respeto, a tolerancia, o respeto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.
Sabemos que a paz é un traballo de formiguiñas, de día a día, que é como tentamos facelo. Pero aínda así quixemos facer algo especial para hoxe.
Temos o panel da paz no que tanto traballaron Lucía, Rubén e Alba. Temos o vídeo especial da Paz na que traballaron alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO. Tamén usamos as novas tecnoloxías e os alumnos de Tecnoloxía nos levan a facer un percorrido polas diferentes personalidades relacionadas coa paz  agochadas detrás dos códigos BIDI colocados polo Instituto.
Irémosvos amosando noutras entradas estes traballos.
En definitiva, todos e todas queremos e traballamos pola paz e a non violencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario