30 ene 2013

Día da non violencia e a Paz

Para o Día da non violencia e a Paz fixemos unha búsqueda na biblioteca de libros e películas que tratasen o tema da paz ou da guerra,na que colaboraron os alumnos do G.E. de 1º da ESO, e expuxemolas na entrada do Instituto debaixo dun lema de paz de Gandhi : "Non hai camiño para a paz.A paz é o camiño"
Os desexos de paz escritos en pombas que se penduraron na Árbore da Paz foi outra das accións que se fixeron para conmemorar este día.
Ademais decorouse cun mural con novas de xornais que falaban de violencia  polos lemas pacifistas, así como a palabra paz en diversos idiomas.
Para remtar a xornada os alumnos de 1º en P.I. fixeron signada a canción de "Imagine", que aprenderon de mans dos seus compañeiros de 4º da ESO que o ano pasado a representaron como flash mob para o día da non violencia e da paz.
Todas as fotos están AQUÍ





Haiku

Hoxe tivemos un obradoiro de Haiku (poesía tradicional xaponesa que consiste nun poema breve,xeralmente de tres versos de cinco,sete e cinco sílabas) que estivo impartido maxistralmente por Leo Arremecaghona.
Viñeron os nosos compañeiros de Navia cos que compartimos obradoiro. Alumnos naviegos e fonsagradinos demostraron que son uns auténticos poetas. Prometemos publicar os Haikus que crearon estes poetas en potencia. Se queredes ver as fotos do obradoiro pinchade AQUÍ




25 ene 2013

Unha escritora de L.I.X. na Academia

A escritora de L.I.X. Fina Casalderry acaba de de ser elixida pola RAG (Real Academia Galega) como académica numeraria.
Estamos de noraboa e sentímonos moi ben representados por esta escritora e mestra que xa conta co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Ademáis con Fina Casalderrey entra na academia unha muller e ademais escritora de L.I.X.
Dende o IES Fontem Albei unímonos as felicitacións e queremos facerlle chegar a nosa noraboa.
Parabens Fina!


17 ene 2013

Gañadoras do certame de poesía do nadal



Irene Barreira, Jeni  Risi e Marta Álvarez foron as gañadoras no certame de poesía do nadal realizado pola Biblioteca Municipal de A Fonsagrada. Parabéns para as tres! E a ver se agora hai sorte no certame a nivel provincial en Lugo. Aquí  vos mostramos a foto cando Anabel, a encargada da biblioteca, lles entregou o premio.Parabéns de novo!!!!!

Irene Barreira

 Marta Álvarez

 Jenifer Risi


11 ene 2013

I'll be watching you

Onte pola mañá tivemos unha sorpresa en forma de obra de teatro. O grupo Chévere achegouse ata A Fonsagrada para representar no Instituto Fontem Albei a sua obra I'll be watching you, na que trata a través da música o tema da violencia de xénero e os roles de xénero que transmiten as cancións. Quedamos tod@s encantad@s.
Tamém nos alegrou moito poder compartir este momento lúdico e educativo cos compañeiros de Navia de Suarna, que viñeron acompañados polos seus profesores Rubén, que foi profesor no Fontem Albei durante moitos anos, e Fernando.
E aproveitando que tiñamos aquí a Chévere Teatro, os alumnos de 2º de BAC fixéronlle unha entrevista á actriz Patricia de Lorenzo que moi amablemente respondeu a todo o que lle preguntaron.
Se queredes ver todas as fotos do evento,pinchade AQUÍ
Esperemos que actividades deste tipo se repitan máis a miúdo.





9 ene 2013

Navegación segura en internet

Hoxe tivemos unha charla no Instituto sobre navegación segura en internet.
Aprendemos a detectar os perigos que existen na rede e a saber protexerse deles. Se queredes ver máis fotos, podedes facelo no Facebook do Instituto.