19 dic 2014

Videofelicitación de Nadal

Dende o Fontem Albei queremos desexarvos un bo Nadal e un 2015 cheo de sorrisos e boas lecturas.


Bo Nadal!!

Afonsa e todo o IESP Fontem Albei deséxamosvos unhas felices festas de Nadal e Ano Novo.

Vémonos no 2015.

Boas lecturas!




18 dic 2014

Mais recomendacións de Nadal

Ademais das recomendacións entre os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, Afonsa quere compartir unha selección de lecturas interesantes para este Nadal. Hay libros, revistas, banda deseñada... Están expostas no andel central da biblioteca.
Pasádevos por alí e seguro que atopades algo para ler este Nadal.



Centro de Nadal

A nosa profe Gloria é toda unha artista e fixo un centro decorativo de Nadal para a biblioteca que é unha marabilla
Afonsa está contentísima de poder verse engalanada para estas festas.





17 dic 2014

Recomendacións de Nadal

Este ano os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO recomendáronse entre eles usando as redes sociais ou os servicios de mensaxería o que podían ler no Nadal. Cada un pasou pola biblioteca para poder coller as recomendacións que se fixeron entre eles. A idea novedosa tivo boa acollida e practicamente todos eles levaron libros emprestados.



10 dic 2014

10 de decembro. Día dos dereitos humanos.

Un 10 de decembro de 1948 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aproba a Declaración Universal dos dereitos humanos documento histórico que detalla en 30 artigos os dereitos fundamentais que unen a todas as  nacións e aos seus habitantes.

Foi en 1950 cando esta Asamblea decide, coincidindo coa data da sua aprobación, declarar o 10 de decembro como o Día dos dereitos humanos.

Os alumnos de 4º de P.D.C. fixeron un bo traballo para coñecer mellor estes dereitos.





25 nov 2014

25N. Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Hoxe 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Dende Afonsa queremos sumarnos nesta data a axudar a concienciar que esa violencia contra a muller ten moitas caras e está presente en moitos aspectos diferentes das nosas vidas, dende a infancia ata a vida adulta.
Todos os alumnos traballaron cos seus profesores nas clases o tema da violencia contra a muller e dela xurdiron moi bos traballos.
Un deles é o vídeo que aquí vos deixamos.
Somos responsables de cambiar a canción. Temos que cambiar esa canción. Fagámolo entre todos.


20 nov 2014

20 de novembro: Día mundial da infancia

Hoxe celebramos o Día Mundial  da Infancia.
Ainda que pareza mentira en pleno século XXI os nenos do mundo vense privados de dereitos básicos como poden se a educación ou a saúde.
Por iso, para concienciarnos de que ainda temos moito camiño que andar, o 20 de novembro celebramos o Día Mundial da Infancia.
Para aprender un pouco mais sobre os dereitos dos nenos e das nenas podes facer click na imaxe




19 nov 2014

Mércores con ciencia. O robot galego

No segundo Mércores con ciencia conmemorando o mes da ciencia en galego nas bibliotecas puidemos ver un capítulo interesantísimo do programa de VTelevisión "Soño con ciencia". Desta vez tocounos aprender sobre o robot galego.
Para aqueles e aquelas que o queiran ver só tedes que facer click AQUI



14 nov 2014

Twitter e as interaccións tuiteiras

As tan denostadas redes sociais desta vez servíronnos de axuda. A cuestión é saber como usalas. Xa tiñamos experiencia nisto de interactuar con escritores a trvés de chíos tuiteiros, Pero desta volta con quen tivemos a interacción foi con Xavier Fonseca (@Xavi_Fonseca) presentador de "Soño con ciencia" e mais con Mili Méndez (@MMendezOtero) xornalista de VTelevisión. Grazas polos vosos chíos rechouchíos.



13 nov 2014

O cerebro adicto

Onte fixemos a primeira proxección dos "Mércores con ciencia". Nesta ocasión vimos o capítulo do programa  "Soño con ciencia" titulado "O cerebro adicto" no que se fai un repaso ds distintas adiccións que pode ter unha persoa.
o próximo mércores teremos mais ciencia en galego na biblioteca. Non faltedes!




12 nov 2014

"Soño con ciencia". O Cerebro adicto

Aproveitando que novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas imos comezar cos "Mércores con ciencia".
Cada mércores ata final de mes proxectaremos un capítulo do programa de VTelevisión "Soño con ciencia".
A proxección será na biblioteca a partir das 15:25, (aproveitando o "recreo longo" que temos despois da comida ).
Hoxe comezaremos co capítulo adicado ao "Cerebro adicto". Para todos aqueles que non esteades no Instituto pero queirades ver este programa, podedes facelo facendo click AQUÍ


11 nov 2014

A ciencia en galego na televisión "Soño con ciencia"

Na televisión non todo so programas denominados "basura" A telebasura existe, pero tamén dentro da programación televisiva temos momentos aproveitables. Este é o caso do programa de V Televisión "Soño con ciencia" no que  nos achega en galego o mundo da ciencia.
Se queredes saber un pouquiño mais sobre este programa podedes facelo facendo click AQUI


10 nov 2014

Novembro,mes da ciencia en galego nas bibliotecas

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Temos que aprender a valorar o uso do galego no ámbito científico. O científico e profesor de Medicina legal,Ética médica e Bioloxía molecular da USC escribiu para a ocasión un manifesto que podedes ler facendo click AQUÍ
Seguro que vos axuda a ver a ciencia en galego dende outra perspectiva.



29 oct 2014

Samaín, Halloween, mortos,medos e demais.

Afonsa vestiuse de medo igual que o fai todos os anos nesta época. Halloween, Samaín...non imos entrar en polémicas. O que si sabemos é que temos un momento "de medo" e que mellor que compartir esta festividade cun libro que nos faga sentir arrepíos? Non esperedes para achegarvos á biblioteca e que se vos poña a pel de galiña ao ver o tenebrosa que está e se vos achegades ao andel central a ver os libros de medo recomendados tede coidado coas teas da araña e as alimañas que por alí andan...

24 oct 2014

24 de outubro, Día das bibliotecas escolares

Estamos de celebración! E Afonsa recibiu unha sorpresa na mesa de lectura redonda. Vaia cara que se lles quedou aos que alí estaban!
Ademais para celebrar o día das bibliotecas escolares todos os alumnos e alumnas que pasaron pola biblioteca levaron o seu marcapáxinas.


20 oct 2014

Pinhole Van

O xoves e o venres da pasada semana foron do mais intenso. O xoves houbo un obradoiro de fotografía creativa impartido por Iago Eireos a través do Museo de Arte Contemporáneo da Coruña.
Iago Eireos trouxo a Pinhole Van na que puideron facer o revelado das fotografías que fixeron coas cámaras que crearon con caixas de cartón.
A biblioteca foi escenario de moitas desas obras creativas plasmadas en fotografías.
Podedes ver todas as fotos facendo click AQUÍ que vos levará ao Facebook do Instituto.







9 oct 2014

Outubro mes da biblioteca escolar. Afonsa máxica.

Xa sabiamos que outubro era o mes adicado ás bibliotecas escolares e na Afonsa estan pasando cousas ben raras. Mirade senon este vídeo que logramos grabar sen ser vistos dun esquelete saido dun libro de Anatomía que se puxo a bailar con Ángel, Nía, Érika, Laura e Rubén que estaban tranquilamente lendo libros na biblioteca....
Creo que este fenómeno paranormal vaise seguir repetindo....Tede coidado cando vaiades á biblioteca!!

Libros no outono

Este tempo outonal é perfecto apra pasar a terde lendo tapadiño cunhamanta. Achégate ata a biblioteca e poderás escoller un libro de entre os milleiros que temos. Non deixes pasar máis tempo e ven!

8 oct 2014

Algo se move...

Algo está a pasar na biblioteca...algo se está a mover...Que será o que vai acontecer? Xa sabedes cal é o noso lema...Permanecede atentos!





6 oct 2014

Meteoroloxía

Nos andeis destinados a mostras de libros ocurríusenos poñer os que temos na biblioteca sobre meteoroloxía. Incluso puxemos un aparello ben xeitoso que nos dí a temperatura e grado de humidade que temos. Cando pasedes pola biblioteca non vos olvidedes de botarlle unha ollada.







1 oct 2014

Outubro, mes das bibliotecas

Hoxe estamos de estrea. De estrea de mes de outubro que é moi especial para nós, pois é cando se celebra o mes da Biblioteca Escolar. A proposta xurdiu da IASL (International Association of School Librarianship) e acordouse que o día 24 de outubro fose o Día da Biblioteca Escolar.
Para festexar o mes empezaremos con algunha actividade e exposición das que vos iremos dando conta. E como sempre dicimos...permanecede atentos!




30 sept 2014

Rematamos setembro

Hoxe é o último día de setembro e como é obvio mañá comeza outubro, un mes especial para as bibliotecas, pois é o mes adicado a elas.
A maquinaria de Afonsa xa está traballando nas actividades de este mes...
Estades preparados para os novos retos?




23 sept 2014

Atención!

Xa estamos empezando a segunda semana de curso, e pouco a pouco imos collendo o rtimo dos horarios, dos períodos de lecer e do uso da biblioteca.
Permanece atentos e atentas porque en pouco tempo empezaremos a movernos e a darvos a coñecer as novidades que temos para este curso.
O primeiro que imos a facer é repartir os carnés de biblioteca a todos e todas aqueles que desembarcaron novos no centro.
Non perdades de vista o blog.

15 sept 2014

Xa estamos de volta

Pois sí, como quen non quere a cousa estamos xa de volta cun novo curso. Esperamos traballar coa mesma ilusión e facer un uso da Afonsa como o que fixemos ata o de agora.
Benvidos todos e todas e estade ben atentos ás novidades que irán chegando.
 Bo inicio de curso!

20 jun 2014

Afonsa de "vacaciois"

Pois xa chegou a hora! Non era sen tempo! E que vai a pasara coa Afonsa? Pois que pecha por vacacións, mais os libros non queren quedar dentro. Apetécelles sair durante o verán, así que xa sabedes, levádeos con vós, porque senon vanvos perseguir!!!
Boas vacacións e felices lecturas.




18 jun 2014

Recomendacións para o verán. Fai a tua achega

Xa estamos na recta final de curso, e non podiamos deixar pasar a ocasión para recomendar libros de lectura para o verán. Sempre é ijnteresante ter un bo compañeiro para ler nas nosas viaxes, ou na praia, montaña, piscina, lago, río...Ter un libro acompañándonos nunca está de mais.
¿Queres facer a tua achega e recomendar algún libro?Podes facelo no panel colocado á entrada da biblioteca.










9 jun 2014

Andel de novidades

Xa están as vacacións do verán á volta da esquina e o noso andel de novidades está cargadiño de libros novos desexosos de que os levedes para ler no verán. Non os perdades de vista!




Doazón de libros

A nosa auxuliar de conversa Adrienne Robles fixo unha doazón de tres libros en inglés antes do remate da sua estanza no centro. Tamén Javier González, profesor de Historia, aportou un comic sobre Castelao que xa podedes ver no andel de comics en galego.
Moitas grazas aos dous polas suas aportacións.


4 jun 2014

Adopta un libro

Non vos perdades os novos libros que están desexosos de ser adaptados. Cando vaiades a por unha froita no recreo, non esquezades revisar os libros que están alí ao lado. Adoptade un, porque están desexando estar nas vosas mans!



3 jun 2014

Ramo primaveral

A primavera non da chegado, e mira que tentamos animala, pero non conseguimos convencela. En Afonsa, a nosa biblioteca, si que reina esa primavera. Mirade que ramos tan bonito fixo Gloria con flores recollidas por ela no entorno da sua casa. Non é precioso?


28 may 2014

As Pombas do Carboeiro

Esta mañá puidemos gozar da representación dun cantar de cego moderno. Un frade e un novicio axudados polas cartas do tarot de Marsella reveláronlle a un batallón das tropas napoleónicas a fantástica Orde das Pombas do Mosteiro de Carboeiro.
A historia de ammor que relata non deixou indiferente a ninguén.



23 may 2014

Marcos Calveiro no Fontem Albei

Hoxe visitounos o escritor Marcos Calveiro. Durante duas sesións independentes falou sobre os libros que leron os nosos alumnos e departiu con eles sobre os procesos de creación literaria. Ó finalizar a sua intervención abriuse un turno de preguntas no que se estableceu un diálogo mais que interesante sobre libros, escritura e literatura.
Os alumnos quixeron agasallar ao escritor cuns traballos feitos por eles mesmos relacionados coa obra Festina Lente.




16 may 2014

Díaz Castro.Letras galegas 2014

Hoxe fixemos no salón de actos a celebración do Día das Letras Galegas que este ano adícase á figura de Díaz Castro. Nesta celebración explicouse o porqué do Día das letras Galegas. De seguido houbo un visionado do documental Xosé María Díaz Castro: Nimbos de poesía. Rematouse o acto coa entrega dos premios do Concurso de banda deseñada e a lectura e entrega de premios do concurso de relato curto.
Podedes ver todas as fotos no Facebook do Instituto.