27 mar 2014

O tendal da lectura

Ultimamente estamos moi creativos na biblioteca e ocorréusenos poñer as nosas lecturas a secar e a clarear. Cada un pode escribir o título do seu libro favorito e "airealo" no tendal que colocamos no andel dos diccionarios.
Xa sabedes, se queredes poñer a clarear os vosos libros favoritos, pasade pola biblioteca e colgádeos no tendal.
Esperámosvos!





Nosoutras podemos

Por fin conseguimos poñer a exposición das fotos da iniciativa de "Nosoutras podemos", que podedes ver na entrada do Instituto nos paneis situados á dereita é a esquerda da entrada principal.
Esperamos que vos gusten as fotos recibidas e disfrutedes delas.





12 mar 2014

Nosoutras podemos

Xa estamos a mércores e o número de fotos vai crecendo.Temos mulleres facendo traballos do mais variadose diferentes.¿A que esperas para enviar as tuas fotos? Podedes ver algunhas das que xa nos chegaron facendo clic AQUI Tamén podedes velas no facebook do Instituto. En canto as teñamos todas faremos a exposición virtual e a do Instituto.

10 mar 2014

Un traballo,unha muller

A proposta do Fontem Albei está traspasando fronteiras. Estan chegando fotos dende diferentes puntos de Galicia e ata recibimos unha consulta dunha rapaza siciliana que quería saber se ela podería participar colaborando cunha foto para a exposición.
Estamos encantados coa repercusión que está tendo esta iniciativa, e queremos recordarvos que tedes toda esta semana para poder enviar esas fotos das mulleres facendo o seu traballo ao enderezo seguinte: biblifonsa@gmail.com
¿A que estades esperando?Sacade o fotógrafo que levades dentro e enviade esas fotos incribles que ides facer.

6 mar 2014

Nosoutras podemos. 8 de marzo. Día da muller traballadora.

O próximo sábado 8 de marzo conmemoramos o Día da muller traballadora. Queremos poñer en relevancia a importacia que teñen os traballos que realizan as mulleres que temos ao noso redor. Por iso este ano queremos que queden retratadas a través das vosas cámaras.
Propoñémosvos que fagades unha foto das mulleres que tedes ao lado facendo un traballo,o seu traballo e que as enviedes a: biblifonsa@gmail.com
Con todas as fotos recibidas faremos unha ciberexposición e outra exposición no centro. O prazo de recepción de traballos rematará o próximo 14 de marzo.
Iremos colgando as fotos que vaiamos recibindo. Animádevos a participar,é moi sinxelo!!