24 dic 2013

Bo Nadal!

Como hoxe é o día de Noiteboa, queremos compartir con todos vos a felicitación de NAdal qeu fixeron os alumnos de 4º da ESO dirixidos pola sua profe de Plástica María José Pérez. Están feitos uns artistas.
Bo Nadal!!

Globo de Betanzos no ceo

Unha das actividades mais espectaculares deste fin de trimestre foi o noso particular Globo de Betanzos. Aquí está o vídeo de como empezou a voar.

20 dic 2013

Celebrando o fin do trimestre

Chegamos ó último día do trimestre e tivemos unha xornada ben atarefada.Por un lado, o globo de Betanzos surcou o ceo.Grazas a Jesús e a María josépolas horas e o traballo invertido e a todos os alumnos que participaron. Logo chegou o tempo do karaoke o o tradicional partido de baloncesto que gañaron os profe de novo.
Con esta xornada pechamos o trimestre e queremos desexarvos unhas boas festas. Vémonos no 2014!


19 dic 2013

Un Nadal de libro

Parece incrible pero é certo. Xa chegaron as vacacións de nadal. E entre panxoliñas, comilonas e reunións familiares sempre hai un anaquiño de tempo para disfrutar coa lectura. Os profesores e as profesoras fixemos una selección de libros da nosa bibliteca para recomendarvos como lecturas de Nadal, e están expostos na mesa da entrada da biblioteca, como seguro que xa sabiades.
Sabede tamén que todos os libros da biblioteca están desexando que os levedes a pasar o Nadal con vos. Animádevos!!



4 dic 2013

Miguel e a animación

Miguel Méndez que é todo un artista, fixo esta animación na sua libreta de Educación Plástica e visual. A verdade é que o resultado é unha marabilla.¿Qué vos parece?


3 dic 2013

De novo na prensa

Os de El Progreso quérennos moito. Hoxe sacan de novo unha foto na que aparece Nia co alcalde de A Fonsagrada, Argelio Fernández, facéndolle entrega na nosa biblioteca do premio de Postais de Nadal que organizou a Biblioteca Pública.
O traballo feito por Nia Perona vai ser usado nas postais de Nadal do Concello de A Fonsagrada deste ano.

2 dic 2013

Aparición na prensa

Onde domingo en El Progreso de Lugo fixéronse eco do premio de postais de Nadal gañado por Nia Perona. Parabens mediáticos para ela!



29 nov 2013

Postais de Nadal na Biblioteca Pública

A Biblioteca Pública da Fonsagrada como cada ano organizou o Concurso de postais de Nadal. A gañadora foi Nía Perona alumna de 1º da E.S.O. Fíxolle entrega do Diploma e do agasallo o alcalde da Fonsagrada Argelio Fernández. A entrega foi feita na Biblioteca do Instituto. Podedes ver todas as fotos facendo click AQUI
Parabens Nía!!




25 nov 2013

Sácalle as uñas ó maltrato

Para conmemorar o 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, no Instituto levamos a cabo ó longo da semana pasada un obradoiro de uñas pintadas, para expresar a nosa repulsa contra a violencia de xénero. Ademais hoxe aproveitamos para colgar un mural feito polos noso compañeiros de cursos anteriores e tamén para poñer unha exposicion sobre mulleres no tempo, ademais de frases célebres de mulleres na historia.
Podedes ver o resto das fotos facenco click AQUI


13 nov 2013

A ruta dos pintores

Hoxe tocou ir de andaina. O Departamento de Educación Física organizou a primeira ruta de sendeirismo deste curso. E tocou ir pola ruta dos pintores,chamada así debido á existencia de dous recoñecidos pintores, Benxamín Álvarez e Manuel López Monteserín, nativos da zona. Puidemos ver tamén a igrexia de Santa María de Allonca e os teixos milenarios de Pántaras entre outras moitas cousas.
Se queredes ver todas as fotos podedes facelo AQUI



7 nov 2013

Ler ciencia na bilbioteca escolar

Facendo uso do lema das bibliotecas escolares de "Ler ciencia na biblioteca escolar" e coincidindo coa semana da ciencia en galego, sacamos a pasear as novidades editoriais relacionadas coa ciencia e coas ciencias que chegaron a Afonsa.
Non dubidedes botarlle unha ollada a estes libros interesantes, entretidos e que vos axudaran a entender e resolver moitas dúbidas.




31 oct 2013

Medo na biblioteca

Afonsa, a nosa biblioteca sufriu un fenómeno raro esta semana. Apareceron tumbas, teas de araña, lectores decapitados e ata mans que saian das estanterías dos libros.
Debe ser que estamos cerca do Samaín e por iso está tentando asustarnos.
Ademais os libros relacionados coa temática de medo apareceron nos andeis centrais recomendados como lecturas para poder pasalo de medo nesta ponte terrorífica.
Para ver todas as fotos facede click AQUI





28 oct 2013

Crispín D'Olot

O departamento de Lingua Catelá conseguiu unha máquina do tempo, e probando o seu funcionamento, de repente saiu un xograr, Crispín D'Olot que como bo xograr instruiunos na literatura dende a época medieval ata os nosos dias.
COmo non podía ser doutra maneira todos e todas aprendimos moito e fíxose corta a sesión.
Esperamos poder volver a telo pronto no Instituto.
Se queredes ver todas as fotos, facede click AQUI

25 oct 2013

Concerto diáctico de Javier Constela

Esta mañá organizado polo Departamento de Música tivemos a sorte de poder contar no noso Instituto con Javier Constenla, músico e compositor, que nos axudou a coñecer un pouco mais como se fai unha composición musical.
Foi unha sesión moi entretida e ata algúns se animaron a interpretar un rap.
Esperemos poder contar de novo con él.Se queredes ver todas as fotos, podedes facelo pinchando AQUI


23 oct 2013

Outubro mes das bibliotecas

Estamos xa rematando o  mes das bibliotecas, e queremos encher o Instituto de pegadas literarias para conmemoralo.
De momento imos por bo camiño, pero necesitamos moitas mais.
Animñadevos a deixar a vosa pegada literaria!
Xa sabedes os pasos a seguir, non sexades preguizosos e deixade as vosas pegadas literarias.




24 sept 2013

O Pintor Seijo Rubio

Ata o de agora o pintor Seijo Rubio era un tanto descoñecido para todos nos. Pero grazas ó novo profgesor de Xeografía e Historia, Javier González, está a deixar de selo.
O noso novo profesor doou un libro sobre este pintor escrito por el. Este traballo foi a sua Tese de Licenciatura.
Estamos moi contentos por este novo libro na Afonsa e por poder contar entre nos co seu propio autor.


17 sept 2013

Benvido curso 2013-2014

Xa estamos de volta. Parece incrible que pasaran dous meses dende que colgamos o carteliño de "pechado por vacacións", pero si que pasaron.
Este curso estamos de estrea de portas da bilbioteca. Unha auténtica obra de arte feita pola profesora de Ed. plástica e artística, Paula Alvite, e os seus alumnos de 4º da E.S.O.
Aqui tedes unha foto da porta que da entrada a un mundo máxico,o da Afonsa, a nosa biblioteca.



24 jun 2013

Pechado por vacacións?

Afonsa está ultimando preparativos para marcharse de vacacións. Pero como todos e todas sabedes, este ano presta libros para leer durante o verán. Como xa vos informamos nas clases, tedes as recomendacións de lectura no andel de novidades, e como xa moitos e moitas de vos puideron comprobar, os profesores e profesoras fixemos de aconselladores persoales con cada un dos que o solicitou.
Esperamos que o verán veña cargado de boas lecturas e...Vémonos en setembro!!


Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2013

A Biblioteca pública da Fonsagrada convocou o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2013.
Entre o alumnado do Insituto que presentou traballos resultaron premiadas na categoría de Conto Marta Álvarez Díaz (3ª E.S.O.), Irene Barreira Díaz (4º E.S.O.) e Lara Arias López (4º E.S.O.).
Na categoría de debuxo resultaron premiados os traballos de: Daniel Rodríguez Fernández (1º E.S.O.), Rocío López López (1º E.S.O.), María Fernández Arias (1º E.S.O.).
Ademais a nivel provincial Irene Barreira Díaz levou un Accesit, premio que foi a recoller á Biblioteca Nodal de Lugo.
Parabens a todos os  premiados!!



20 jun 2013

Imaxina Cantares

Os alumnos e alumnas de 3º da ESO animáronse a presentarse a Imaxina Cantares concurso de audiovisuais convocado con motivo doa celebración dos 150 anos da publicación de Canteres Gallegos.
Despois dun duro traballo e de empregar moitas horas, este é marabilloso vídeo.



11 jun 2013

Banda deseñada

Os alumnos de 3º da ESO coa sua profesora de Lingua Castelá e Francés estiveron traballando a banda deseñada, coincidindo con que este ano ampliamos esa sección na biblioteca.
Os traballos foron de moi boa calidade. Para mostra, un botón, ou mais ben unhas fotos.





6 jun 2013

Viaxe didáctica a Tenerife

Os alumnos de 4º da ESO fixeron a semana pasada unha viaxe didáctica de fin de curso a Tenerife. Cada día desenrolaron unha actividade diferente: espeleoloxía,barranquismo,visita ó Teide e á Orotava, visita ó Loro Parque, visita ó Siam Park,Lagos Martiánez. E aínda lles quedaba tempo para disfrutar da praia e desenvolver as suas habilidades cos malabares.
Foi unha excursión moi completa e onde non houbo nin un só segundo para o aburrimento. Agora o que costa traballo é volver ás aulas!




20 may 2013

Alumnos artistas

Do  noso Instituto saen verdadeiros artistas. O ano pasado, Oscar Mon, MC fonsagradino e alumno de 2º de BAC, elaborou a letra dun rap para o Correlingua 2012. A canción titúlase "En galego todo o que queiras" e interpretouna na Praza de Santa María en Lugo en maio de 2012.
Este ano, deu ó salto á TVG e presentouna no programa "Luar" co gallo das celebracións do Día das Letras Galegas.
Parabens Greira!!

Podedes ver o vídeo da sua actuación facendo click AQUI



16 may 2013

Vidal Bolaño e as Letras Galegas

Hoxe comezamos cos actos de conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano están adicadas a Roberto Vidal Bolaño.
Como aperitivo das actividades de Teatro, recital de poesía e Karaoke que se celebrarán tarde, tivemos ó longo da mañá un photocall "Roberto Vidal Bolaño". Podedes ver as fotos completas no Facebook do Instituto e informarvos de como foi o evento da tarde no blogue de A seimeira da Lingua.










10 may 2013

Conferencia de Tarsy Carballas

Hoxe tivemos a grande sorte de contar coa presenza de Tarsy Carballas, muller galega,lucense, e científica do CSIC dende 1965. Foi unha muller pioneira no campo da investigación e estudo da xénese,clasificación e cartografía dos solos das zonas templado-húmedas de España.
Fixo estadías investigadoras en Francia,Inglaterra, República Checa e Venezuela.
A pesar de estar xubilada segue ó mando dun grupo de investigadores no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia.
Tarsy Carballas falounos na primeira parte da conferencia  da sua vida dende a sua Taboada natal ata os seus primeiros pasos como investigadora.
Na segunda parte centrouse nas suas investigacións no campo das Ciencias Agrarias e en especial da reforestación dos montes despois dos incendios forestais.
Esta conferencia estaba encadrada dentro dos actos do Dia Internacional da Muller que por motivos de axenda da conferenciante primeiro e polas inclemencias metereolóxicas despois, non se puido celebrar ata hoxe.
Pero pagou a pena a espera!

Aquí tedes un par de fotos. O restop odedes velas no Facebook do Instituto.




3 may 2013

Correlingua 2013. O galego a chave do mundo

Hoxe participamos no Correlingua en Lugo,que tiña como lema "O galego a chave do mundo". Pasámolo de marabilla e ademais gañamos o 2º Premio de Pancartas. Podedes ler máis sobre a noticia no blogue da Seimeira da Lingua e podedes ver todas as fotos no Facebook do Instituto.