23 abr 2015

Día do libro. Libre cun libro.

Como cada 23 de abril festexamos o día do libro. Este ano o lema que puxemos é "Libre cun libro" pois os libros fannos libres. E a ti, que libro te fixo libre? Ánimate a compartilo  no panel que está á entrada da biblioteca.


21 abr 2015

Achádego dun manuscrito antigo

Xa todos sabemos que A Fonsagrada é unha terra chea de cousas marabillosas. E a todas elas vense a sumar o achádego dun manuscrito en coiro. Todo fai pensar que se trata dunha peza de hai 500 anos.
Varios expertos prestáronse voluntarios para investigar e descifrar de que se trata.

Así se recolle a nova no xornal El Progreso.



20 abr 2015

Chegou a primavera

Afonsa notou a chegada da primavera e ten un aire renovado despois do longo e branco inverno.
¿Ainda non viches o bonita que está?
¿A que esperas?E ademais poderas ver no andel de novidades todos os volumes novos que chegaron despois das vacacións do 2º trimestre.
Esperámoste!