21 jun 2017

LER NO VERÁN     


Resultado de imagen de libros verano


Xa chegou o final de curso e non podedes irvos sen levar algún compañeiro que vos divirta, ensine, vos fago coñecer outros mundos...referímonos obviamente a un libro. Tedes unha serie de recomendacións á entrada da biblioteca que esperamos que vos sirvan.


FELIZ VERÁN!!!!!

19 may 2017

CARLOS CASARES

Expoñemos os fondos de Carlos Casares que están á vosa disposición na biblioteca.

Neste ano 2017 é Carlos Casares ( 1941-2002) o homenaxeado na celebración das Nosas Letras Galegas.
Carlos Casares, oriundo de Ourense, marchou vivir a  Xinzo de Limia onde o seu pai era mestre. Aos 12 anos vai estudar ao Seminario de Ourense por desexo da súa nai, muller de profunda relixisiodade. Nesta etapa espértase en Casares a súa aficción polas letras;  no Seminario escribe no periódico El Averno, unha das primeiras incursións de o escritor no mundo literario. Dende entón le canto pode, dende os clásicos grecolatinos ata autores considerados por algúns sectores conservadores como perigosos  para a moral, tales como Balzac, Voltaire, Flaubert...
No primeiro concurso de relatos que gañou estaba de xurado Vicente Risco, o cal alabou o escrito de Carlos Casares. Desta ocasión surxe unha amizade con Risco, breve porque uns poucos anos máis tarde morre, que se traduxo nunha serie de encontros, moi fructíferos literariamente, con  escritores entre os que estaban Xaquín Lorenzo, Xaime Quesada e Ferro Couselo entre outros.
Nos anos sesenta, xa en Compostela, forma parte dun grupo de estudantes galeguistas liderado por Ramón Piñeiro. Estuda Filosofía e  principia a publicar en 1967 un libro de relatos xuvenís, Vento Ferido, que non hai moito tempo foi traducido ao inglés.
Con un libro para nenos, A Galiña Azul de 1968, deixa claro que os seus libros teñen un público e temáticas do máis diverso. Así, a súa seguinte novela, Cambio en tres, trata sobre a emigración.
Na  década dos 70 casa con Kristina Berg e publica As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, Xoguetes para un tempo prohibido, Os escuros soños de Clío e Ilustrísima, esta última a súa obra máis popular. 
Polos anos 80 destaca a súa andaina política, preséntase como galeguísta independente na listas do PSdG-PSOE. Tradúcense algunhas das súas obras e publica biografías sobre Vicente Risco e Otero Pedrayo. Xa a principios dos 90 comeza a publicar unha columna diaria, Á marxe, na "Voz de Galicia". Tamén saen á luz os seus derradeiros libros: Deus sentado nun sillón azul (1996), Un país de palabras (1998) e  O sol do verán (2002). Neste mesmo ano morre o 9 de Marzo.

3 may 2017

DÍA DO LIBRO NO FONTEM ALBEI;   EDUARDO MENDOZA,  E. A. POE.

Cartel oficial difundido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para conmemorar o Día Do Libro 2017. O cartel, elaborado polo Premio Nacional de Ilustración 2016  Javier Sáez Castán, está inspirado na novela "Sin noticias de Gurb", de Eduardo Mendoza.










Para celebrar o Día do Libro 2017, recordamos a E. A. Poe e ao galardonado co premio Cervantes 2016 Eduardo Mendoza. O Equipo da Biblioteca elaborou unha exposición informativa sobre aspectos bibliográficos e biográficos destes dous escritores, e os Departamentos de Lingua Castelá  e de Inglés organizaron unha lectura ininterrumpida de Sin noticias de Gurb, de E. Mendoza  e de The Fall of the House of Usherde E.A.. Poe.
Do mesmo xeito que o curso pasado, os alumnos leron dous minutos cada un, por clases, e os profes tamén o fixeron durante o recreo. 
Durante esta semana podedes consultar dez libros da exposición de E. A. Poe que trouxemos da Biblioteca Nodal de Lugo. Teñen un marcapáxinas para distinguilos.
Aquí tedes algúns detalles da exposición:







As fotos da lectura podedes velas no Facebook do Instituto.










17 abr 2017

POESÍA NO FONTEM ALBEI

No Certame de Poesía que se celebrou en Marzo quedou ben presente o carácter plurilingüe do Fontem Albei xa que os alumnos leron Poesía en catorce linguas distintas ( enttre elas Galego, Castelán, Francés, Inglés, Catalán, Croata, Latín, Grego.... O Certame estivo organizado polo Equipo de Dinaminación lingüística e o departamento de Latín.







Ao final do acto, Victor e Rocío, de 1º de Bac.,  deleitáronnos coa música de acordeón.


Aproveitando que no mes de Marzo celébrase tamén o Día da Árbore, as lecturas iban acompañadas de imaxes de curiosas árbores xunto coa poesía correspondente e da música da guitarra do  noso lector de Inglés, Steven.

7 abr 2017

UN CAMIÑO, MIL CULTURAS
Bibliografía sobre O Camiño que se pode consultar na biblioteca.

 Ese é o título do proxecto levado a cabo no noso Centro durante o pasado mes de Marzo. Seguindo na liña do traballo feito no curso pasado, o alumnado constituíuse nun “Congreso” no que cada grupo expuxo ao resto dos compañeiros distintos proxectos de mellora da accesibilidade e de proxección da vila coa finalidade de que os peregrinos que se achegan á zona poidan disfrutar de todos os aspectos da contorna da Fonsagrada. O proxecto podería aplicarse a calquera vila do camiño de Santiago.
Para elaborar cada proxecto de mellora do Camiño partíuse do Código Ético Mundial Do Turismo, cuxos 10 artigos serviron de base e guía. O CEMT é un documento, elaborado pola Organización Mundial Do Turismo, que auna pretensións humanistas, económicas e culturais en pro dun turismo responsable.
Turismo e peregrinaxe constitúen un todo que a zona de Fonsagrada necesita desenvolver e revalorizar, e dende o noso Centro poñemos o noso graniño de area para que isto sexa posible. 
 Os alumnos de 4º da ESO, veteranos participantes no curso anterior, foron os encargados da organización.












Tedes máis fotos e algún video no Facebook do instituto.

19 mar 2017

XA TEMOS OS GAÑADORES DOS CONCURSOS DE SAN VALENTÍN


Na nosa árbore xa están os nomes dos gañadores do IV Certame de Cartas de Amor e do I Concurso de Felicitacións Creativas






No  IV Certame de Cartas de Amor os gañadores son os seguintes:

               1º Premio: Paula Martínez. 2º ESO
               2º Premio: Carmen Cancio. 2º ESO
               3º Premio: Laura García. 1º Bac.
               1º Accésit: Uxía Castro. 2º ESO
               2º Accésit: Miguel Rodríguez Elvira. 2º ESO







Paula Martínez. 1º Premio do  IV Certame de Cartas de Amor

3º Premio do  I Certame de Cartas de Amor


No  I Concurso de Felicitacións Creativas as gañadoras foron:

  1º Premio: Sabela e Noelia. 4º ESO. Por: " Cupido"
  2º Premio: Uxía Castro. 2º ESO. Por: "You light up my life!"









15 mar 2017

O DÍA DA MULLER NO IESP FONTEM ALBEI. MULLERES NA SOMBRA

8 mar 2017


DÍA DA MULLER. MULLERES NA SOMBRA. 


Hoxe no IESP Fontem Albei, as mulleres que andamos por aquí traballando vimos vestidas de negro simbólicamente para deixar claro que non queremos ter un Día da Muller. Queremos que todos, todos, todos os días do ano sexan visibles os nosos dereitos, porque os dereitos das mulleres son os Dereitos Humanos. 
Apoiamos a todas aquelas mulleres cuxo eco resoa no noso presente; esas que a pesares do  seu esforzo, noutros tempos ou agora, permanecen invisibles nunha  sociedade que as considera sombras, "ou mulleres de...", cando en realidade teñen un valor intrínseco e constitúen un motor para a nosa ansiada emancipación.
"Mulleres na Sombra" é o título da exposición que pretende dar luz a algunhas mulleres que contribuíron a distintos ámbitos do saber co seu traballo pero quedaron na sombra polo simple feito de ser mulleres. Mulleres na Filosofía e mulleres na Ciencia habelas, hainas, aínda que non aparezan moito nin polos libros de texto.



Exposición, do Equipo da Biblioteca:  "Mulleres  na Sombra"

Mulleres científicas "á sombra de..."

"A Filosofía ten nome de Muller". 1º Bac
"Inventos de mulleres". 3º ESO


Motor do presente feminino tamén son as nosas avoas e de aí o espazo que lles adicamos a algunhas das avoas da Fonsagrada, que coas súas vidas impulsaron a nosa loita pola igualdade.





Xa que dicen que unha imaxe vale máis que mil palabras, o alumnado mostrou o seu rexeitamento á desigualdade nunhas fotos onde se mostran unidos dando así Luz a este problema. Cada curso fixo unha foto pola igualdade para expresar os desexos dunha equidade real.

O IESP Fontem Albei pola Igualdade. CON LUZ PROPIA



Igualdade real xa!!!. 1º ESO

Si nos apoiamos, non caeremos.  2º Bac

"Sinais de Igualdade? / 1º Bac

50/50. Os Dereitos das Mulleres son Dereitos Humanos.
Xuntos podemos!!! / 4º ESO

En breve estarán os cursos que faltan

As mulleres na literatura tamén teñen moito que decir, unha pequena mostra dos fondos de letras femininas da nosa biblioteca:




24 feb 2017


ROSALÍA DE CASTRO, SEMPRE PRESENTE.


Neste 24 de Febreiro, entre Entroidos e exames, sempre rememoramos a gran importancia que Rosalía de Castro ten na nosa Cultura. Tanto dende o punto de vista literario como dende a repercusión da súa vida na emancipación da muller, Rosalía supón un claro exemplo de virtude e esforzo que merece ter sempre presente.
As reminiscencias da súa obra están por todas partes aquí en Galicia e máis alá das nosas fronteiras, en campos moi distintos. Co nome  de Rosalía de Castro podemos atopar infinidade de rúas, museos, casas da cultura, escolas, institutos, asociacións... A súa imaxe voa tan alto que incluso aparece nos avións  da compañía aérea Norwegian e estase comtemplando a posibilidade de cambiar o nome ao aeroporto de Santiago de Compostela polo da nosa poetisa.
O tempo parece que no caso de Rosalía si que lle vai facendo xustiza. Nós, dende Afonsa, tamén nos sumamos a ese recordo tan merecido. Expoñemos os libros da nosa autora e facémolo nuns mobles moi especiais xa que se trata de enseres, que andaban sen moito rumbo polo instituto, e que os alumnos de PMAR restauraron, no obradoiro que ten lugar os mércores pola tarde, coordinados pola profa de Inglés María Ansede. Gracias ao esforzo de todos eles a nosa biblio luce así de estupenda:




Escaleira restaurada polos alumnos do obradoiro


A mesa na que están algunhas obras de Rosalía tamén é obra
de alumnos de PMAR

 Jónathan e Jorge son dous dos alumnos de PMAR que participan
 no obradoiro de restauración.

ENTROIDO NO IESP FONTEM ALBEI!!!



O 24 de Febreiro é día de troula, preludio dos días vindeiros. No noso Centro non faltaron disfraces, comparsas nin obras de teatro satíricas. O mundo ao revés é a consigna destes días, e así o demostraron alumnos e profes coas súas caracterizacións.
A obra de teatro dos rapaces de 4ª ESO puxo a nota crítica cara a un tipo de educación que non consideran adecuada para comprender o mundo; no " Mundo de Nunca Jamás" non podería ser de outro xeito, os libros e aprender divertíndose non son incompatibles.