19 may. 2017

CARLOS CASARES

Expoñemos os fondos de Carlos Casares que están á vosa disposición na biblioteca.

Neste ano 2017 é Carlos Casares ( 1941-2002) o homenaxeado na celebración das Nosas Letras Galegas.
Carlos Casares, oriundo de Ourense, marchou vivir a  Xinzo de Limia onde o seu pai era mestre. Aos 12 anos vai estudar ao Seminario de Ourense por desexo da súa nai, muller de profunda relixisiodade. Nesta etapa espértase en Casares a súa aficción polas letras;  no Seminario escribe no periódico El Averno, unha das primeiras incursións de o escritor no mundo literario. Dende entón le canto pode, dende os clásicos grecolatinos ata autores considerados por algúns sectores conservadores como perigosos  para a moral, tales como Balzac, Voltaire, Flaubert...
No primeiro concurso de relatos que gañou estaba de xurado Vicente Risco, o cal alabou o escrito de Carlos Casares. Desta ocasión surxe unha amizade con Risco, breve porque uns poucos anos máis tarde morre, que se traduxo nunha serie de encontros, moi fructíferos literariamente, con  escritores entre os que estaban Xaquín Lorenzo, Xaime Quesada e Ferro Couselo entre outros.
Nos anos sesenta, xa en Compostela, forma parte dun grupo de estudantes galeguistas liderado por Ramón Piñeiro. Estuda Filosofía e  principia a publicar en 1967 un libro de relatos xuvenís, Vento Ferido, que non hai moito tempo foi traducido ao inglés.
Con un libro para nenos, A Galiña Azul de 1968, deixa claro que os seus libros teñen un público e temáticas do máis diverso. Así, a súa seguinte novela, Cambio en tres, trata sobre a emigración.
Na  década dos 70 casa con Kristina Berg e publica As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, Xoguetes para un tempo prohibido, Os escuros soños de Clío e Ilustrísima, esta última a súa obra máis popular. 
Polos anos 80 destaca a súa andaina política, preséntase como galeguísta independente na listas do PSdG-PSOE. Tradúcense algunhas das súas obras e publica biografías sobre Vicente Risco e Otero Pedrayo. Xa a principios dos 90 comeza a publicar unha columna diaria, Á marxe, na "Voz de Galicia". Tamén saen á luz os seus derradeiros libros: Deus sentado nun sillón azul (1996), Un país de palabras (1998) e  O sol do verán (2002). Neste mesmo ano morre o 9 de Marzo.

3 may. 2017

DÍA DO LIBRO NO FONTEM ALBEI;   EDUARDO MENDOZA,  E. A. POE.

Cartel oficial difundido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para conmemorar o Día Do Libro 2017. O cartel, elaborado polo Premio Nacional de Ilustración 2016  Javier Sáez Castán, está inspirado na novela "Sin noticias de Gurb", de Eduardo Mendoza.










Para celebrar o Día do Libro 2017, recordamos a E. A. Poe e ao galardonado co premio Cervantes 2016 Eduardo Mendoza. O Equipo da Biblioteca elaborou unha exposición informativa sobre aspectos bibliográficos e biográficos destes dous escritores, e os Departamentos de Lingua Castelá  e de Inglés organizaron unha lectura ininterrumpida de Sin noticias de Gurb, de E. Mendoza  e de The Fall of the House of Usherde E.A.. Poe.
Do mesmo xeito que o curso pasado, os alumnos leron dous minutos cada un, por clases, e os profes tamén o fixeron durante o recreo. 
Durante esta semana podedes consultar dez libros da exposición de E. A. Poe que trouxemos da Biblioteca Nodal de Lugo. Teñen un marcapáxinas para distinguilos.
Aquí tedes algúns detalles da exposición:







As fotos da lectura podedes velas no Facebook do Instituto.