27 oct 2016

CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE...




Este é o título dunha obra de Xabier P. Docampo que está composta por catro contos de misterio e medo. É un dos libros que forman parte da escolla que fixemos na biblio e que podedes levar para ler nestes terroríficossss días de Samaín/Halloween
Tendes varios libros do escritor finado recentemente, Agustín Fernández Paz, ente eles: "Cartas de inverno", "Aire negro", "As mans do medo", "Tres pasos polo misterio"," Noites de voraces sombras" e " A neve interminable". Algunhas delas xa as tedes que ler para a materia de Lingua Galega, así que mellor ocasión imposible, porque todas dan bastante medo!!!
En castelán podedes pasar un  momento de tremores con "Dos velas para el diablo" de Laura Gallego, "El doctor sueños" de Stephen King ou algunhas das clásicas obras de misterio e crímenes da mestra neste xénero Ágatha Christie.



   

24 oct 2016


24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES




 Neste curso imos celebrar o 24 de Outubro, Día das Bibliotecas Escolares, cunha exposición sobre bibliotecas e librarías de España curiosas. Queremos evocar ese "olor a libro" e as súas conotacións de lugar acolledor e máxico no que se pode atopar a boa compañia dun libro ou incluso un bo viño, unha "barbacoa literaria"...
 E non é botarlle imaxinación, xa que na exposición podedes ver Bibliotecas que vos transportarán no tempo como a da Facultade de Xeografía e Historia en Santiago de Compostela; librarías nas que atopar unha variedade de bo viño como a  Libraría Biblioteca de Babel, en Palma de Mallorca; outras nas que poderás comentar as lecturas mentres saboreas unha carne á barbacoa como a Libraría Ambreta, en Valencia. 
Algunhas destacan  pola súa arquitectura , por exemplo a Biblioteca Pública de  Jaizkibel, en Guipúzcoa, que está considerada polo revista especializada en arquitectura, AD, na súa edición  alemana , como unha das dez bibliotecas máis belas do mundo. Tal título débese, segundo a publicación AD,  a que antigamente foi unha estación de tren e a súa remodelación resulta sostible e adecuada ao entorno.
Aínda  hai moitas máis bibliotecas e librarías de España dignas de visitar que non están aquí...
Entre todas  as que figuran na nosa exposición, atopamos  a Libraría Bardón  de Madrid, que data da postguerra española:





Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia (Santiago de Compostela)


Detalle da exposición.