21 dic 2012

Festa de Nadal

Vaia festa de Nadal que tivemos este ano! Partido de Baloncesto, que gañaron os profes, concurso de postais de Nadal organizado polo EDNL , o concurso Atrapa Un Millon con millóns de fonsis de premio,que se puideron cambiar por doces, e o karaoke no que nos animamos alumnos e profe. Foi a primeira vez na que ninguén quería  marchar do Instituto.
Podedes ver tódalas fotos pinchando AQUI






Ahora Mismitos

O actor Antonio Blanco achegouse ata A Fonsagrada para presentarnos o seu  Ahora Mismitos, que é unha obra de teatro na que recrea os mitos clásicos.
Sequeredes ver as fotos facede click AQUI para poder velas no facebook do Instituto.

20 dic 2012

Bo Nadal e Feliz 2013!

Pois si,parece mentira pero xa estamos ás portas das tan desexadas vacacións de Nadal. E como non podía ser doutra maneira,porque xa sabedes que nos encanta facer vídeos,aquí está a felicitación navideña plurilingüe (por suposto) deste ano.
Felices festas,Bo Nadal e feliz ano 2013. Recargade as pilas e lembradevos de ler un pouquiño.
Ata a volta!


17 dic 2012

O NADAL...TEMPO DE LER

Parece que aínda foi onte cando estabamos de volta das vacacións do verán e xa estamos ás portas das vacacións do Nadal.
Afonsa quere recomendarvos uns libros de lectura que pensa que vos poden gustar, pero non tedes por que ler soamente os recomendados. Hai infinitos libros e bandas deseñadas que podedes ler e disfrutar. Aquí tedes tres Glogsters con recomendacións de lectura por ciclos. Podedes velos a tamaño completo facendo clic na esquina superior esquerda. Animádevos a descubrir os misterios ocultos que hai en cada un deles. Tedes a diversión asegurada.
Podedes ver os libros recomendados debaixo do panel da Biblioteca, á entrada da mesma.
Bo Nadal a todos e todas e esperemos que os Reis Magos deixen algún libro de regaliño nas nosas casas.














12 dic 2012

Celso Emilio Ferreiro

Hoxe, 12-12-2012 celebramos que fai 100 anos naceu o poeta galego Celso Emilio Fereiro. No IES Fontem Albei o curso pasado (xa que ó longo do 2012 conmemorouse o centenario do escritor) fixemos un vídeo grabado con teléfonos móviles recitando fragmetos da obra de Celso Emilio Ferreiro.
Hoxe volvemos a penduralo no noso blogue para conmemorar esta data sinalada.
Parabens Celso Emilio!!


11 dic 2012

Las Hijas del César

Un dos volumes que temos na nosa Biblifonsa é o de Las Hijas del César, do escritor lucense Pablo Núñez. Grazas ás redes sociais,en concreto ó Twitter,contactamos co escritor para facerlle saber que no noso Centro tiñamos o seu libro. E a boa nova é que o escritor amablemente dedicounos un anaquiño do seu tempo e agradeceunos a lectura do seu libro, e recomendounos "escribir". Moitas grazas!!