25 nov 2014

25N. Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Hoxe 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Dende Afonsa queremos sumarnos nesta data a axudar a concienciar que esa violencia contra a muller ten moitas caras e está presente en moitos aspectos diferentes das nosas vidas, dende a infancia ata a vida adulta.
Todos os alumnos traballaron cos seus profesores nas clases o tema da violencia contra a muller e dela xurdiron moi bos traballos.
Un deles é o vídeo que aquí vos deixamos.
Somos responsables de cambiar a canción. Temos que cambiar esa canción. Fagámolo entre todos.


20 nov 2014

20 de novembro: Día mundial da infancia

Hoxe celebramos o Día Mundial  da Infancia.
Ainda que pareza mentira en pleno século XXI os nenos do mundo vense privados de dereitos básicos como poden se a educación ou a saúde.
Por iso, para concienciarnos de que ainda temos moito camiño que andar, o 20 de novembro celebramos o Día Mundial da Infancia.
Para aprender un pouco mais sobre os dereitos dos nenos e das nenas podes facer click na imaxe




19 nov 2014

Mércores con ciencia. O robot galego

No segundo Mércores con ciencia conmemorando o mes da ciencia en galego nas bibliotecas puidemos ver un capítulo interesantísimo do programa de VTelevisión "Soño con ciencia". Desta vez tocounos aprender sobre o robot galego.
Para aqueles e aquelas que o queiran ver só tedes que facer click AQUI



14 nov 2014

Twitter e as interaccións tuiteiras

As tan denostadas redes sociais desta vez servíronnos de axuda. A cuestión é saber como usalas. Xa tiñamos experiencia nisto de interactuar con escritores a trvés de chíos tuiteiros, Pero desta volta con quen tivemos a interacción foi con Xavier Fonseca (@Xavi_Fonseca) presentador de "Soño con ciencia" e mais con Mili Méndez (@MMendezOtero) xornalista de VTelevisión. Grazas polos vosos chíos rechouchíos.



13 nov 2014

O cerebro adicto

Onte fixemos a primeira proxección dos "Mércores con ciencia". Nesta ocasión vimos o capítulo do programa  "Soño con ciencia" titulado "O cerebro adicto" no que se fai un repaso ds distintas adiccións que pode ter unha persoa.
o próximo mércores teremos mais ciencia en galego na biblioteca. Non faltedes!




12 nov 2014

"Soño con ciencia". O Cerebro adicto

Aproveitando que novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas imos comezar cos "Mércores con ciencia".
Cada mércores ata final de mes proxectaremos un capítulo do programa de VTelevisión "Soño con ciencia".
A proxección será na biblioteca a partir das 15:25, (aproveitando o "recreo longo" que temos despois da comida ).
Hoxe comezaremos co capítulo adicado ao "Cerebro adicto". Para todos aqueles que non esteades no Instituto pero queirades ver este programa, podedes facelo facendo click AQUÍ


11 nov 2014

A ciencia en galego na televisión "Soño con ciencia"

Na televisión non todo so programas denominados "basura" A telebasura existe, pero tamén dentro da programación televisiva temos momentos aproveitables. Este é o caso do programa de V Televisión "Soño con ciencia" no que  nos achega en galego o mundo da ciencia.
Se queredes saber un pouquiño mais sobre este programa podedes facelo facendo click AQUI


10 nov 2014

Novembro,mes da ciencia en galego nas bibliotecas

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Temos que aprender a valorar o uso do galego no ámbito científico. O científico e profesor de Medicina legal,Ética médica e Bioloxía molecular da USC escribiu para a ocasión un manifesto que podedes ler facendo click AQUÍ
Seguro que vos axuda a ver a ciencia en galego dende outra perspectiva.