20 mar 2013

Don Quijote. El ingenioso hidalgo y la dieta mediterrámea

Este martes gracias ó departamentpo de Lingua Castelá visitáronnos os amigos de Limiar teatro co seu espectáculo titulado Don Quijote. El ingenioso hidalgo y la dieta mediterránea.
Esta obra teatral didáctica e interactiva achega as bondades da dieta mediterránea dende o punto de vista teatral e gastronómico da obra de Miguel de Cervantes e o Século de Ouro español.
Coma sempre disfrutamos un montón da representación e participamos nela.
Aqui tedes algunhas fotos. O resto,coma sempre,podedes velas no Facebook do Instituto.



9 mar 2013

One Woman

A ONU Mujeres reuniu a distintos músicos,cantantes e artistas de todos os países do mundo para crear a canción "One Woman". Con ela preténdese concienciar sobre a igualdade de xénero e os dereitos das mulleres.
A canción presentouse o 8 de marzo,facendoa coincidir coa conmemoración do Dia Internacional da Muller.
Disfrutade de "One Woman"


8 de marzo Dia Internacional da Muller

Un 8 de marzo de 1908 129 traballadoras dunha fábrica téxtil a "Cotton Textile Factory" en Washingtoon Square en New York, morreron queimadas nun incendio despois de ser encerradas polos donos da fábrica para evitar que se uniran á folga de 40.000 costureiras industriales que reivindicaban os seus dereitos como traballadoras.
Por iso o 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller.
@s alumn@s fixeron búsquedas de mulleres galegas con relevancia en diferentes eidos, e tamén fixeeron pesquisas sobre a presenza das mulleres na música.
O prato estrela da xornada ía ser a conferencia da científica galega Maria Tarsy Carballas, que por probelmas de axenda e a última hora tivo que ser postposta para o próximo venres 16 de marzo.
Aqui quedan algunhas das fotos da mostra de mulleres.Podedes velas todas no Facebook do Instituto.








7 mar 2013

Hip Hop en Navia


O martes os alumnos de 1º e 2º da ESO foron ata Navia para compartir cos alumnos naviegos un obradoiro de Hip HOp impartido por García, que é un dos catro MC`s do grupo DIos que te Crew os que ademais están de xira celebrando os seus dez anos rapeando en galego.
Os rapaces quedaron encantados co obradoiro e supoñemos que moi pronto poderemos escoitar algunha das suas creacións.
Podedes ver ampliar mais información sobre García e os seus traballos pinchando AQUI e algo mais AQUI e se ainda queredes saber mais podedes mirar AQUI
 Todas as fotos do Obradoiro de HIp Hop están dispoñibles no Facebook do Instituto.