30 abr 2013

#leoporque

Como xa sabedes o pasado 23 de abril celebramos o Día do Libro. Unha das actividades que fixemos foi a que denominamos como #leoporque na que cada un de nós expresou por que leía. E como resultado temos este video que vos deixamos a continuación para que o disfrutedes.


23 abr 2013

23 de abril. Día Internacional do Libro

Hoxe é o Día 23 de Abril e conmemórase o Día Internacional do Libro. Esta fecha foi proposta á Unesco pola Unión Internacional de Editores. Elexiron este día pola coincidencia da morte de escritores como Miguel de Cervantes,Shakespeare ou o Inca Garcilaso.
É unha data que se celebra a nivel mundial e pretende fomentar a lectura e a cultura. Vense celebrando este día dende 1926
Afonsa celebra o Dia do libro sacando as novas adquisicións de cómics e coa colaboración dos alumnos que co hastag #leoporque están contando por qué len. De esta actividade saira un vídeo que colgaremos en canto o rematemos.
De aperitivo, unhas fotos da mesa-expositor de comics cos marcapaxinas que fixeron os alumn@s de 3º en Frances, e a decoración feita en clase de Lingua castelá e Francés.
Bo Día do Libro a tod@s!
Seguiremos informandon





9 abr 2013

José Luís Sampedro

Hoxe atopámonos coa triste nova do pasamento de José Luís Sanpedro ou como supoño que a el lle gustaría que se dixese, decatámonos de que José Luís Sanpedro vivira.
Como economista pensaba que o mercado debía de estar ó servizo da comunidade e como escritor sempre nos deixou intelixencia e pensamentos xeniais.
Foi autor do prólogo da versión española de ¡Indignaos! e todo un referente para o movemento do 15M.
Déixanos como legado frases tan intelixentes e sinxelas como estas
"Siempre se puede,cuando se quiere", "El tiempo no es oro; el tiempo es vida" "Hay dos clases de economistas: los que quieren hacer más ricos a los ricos y los que queremos hacer menos pobres a los pobres" .
Polas suas obras e sobre todo pola sua testemuña de vida coherente,grazas.
Grazas José Luís Sanpedro por ter vivido.


Se queres coñecer un pouco máis a fondo a vida e obra de José Luís Sanpedro pincha AQUÍ

2 abr 2013

Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil

O día 2 de abril celébrase o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil. Escolleuse esta data por ser a do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos tan famosos como O parruliño feo, O soldadiño de chumbo ou O traxe novo do Emperador.
Este Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil vense celebrando dende 1967 e serve para despertar a atención e o amor cara a literatura enfocada para os mais novos.
Se pinchades AQUÍ poderedes ver os textos electrónicos completos da obra de Hans Christian Andersen.


Día mundial da árbore

O pasado21 de marzo celebrouse o Día mundial da árbore e da poesía.
@s alumn@s do Fontem Albei realizaron unha camiñata para coñecer o entorno e recoñecer diferentes especies tanto vexetais como animais.
Ademais do duro que é camiñar tiveron que empregarse a fondo para resolver diferentes cuestións que lles plantexaron @s profes.
Aquí podedes ver un bo resumen do moito que disfrutaron e aprenderon con esta actividade.