9 abr. 2013

José Luís Sampedro

Hoxe atopámonos coa triste nova do pasamento de José Luís Sanpedro ou como supoño que a el lle gustaría que se dixese, decatámonos de que José Luís Sanpedro vivira.
Como economista pensaba que o mercado debía de estar ó servizo da comunidade e como escritor sempre nos deixou intelixencia e pensamentos xeniais.
Foi autor do prólogo da versión española de ¡Indignaos! e todo un referente para o movemento do 15M.
Déixanos como legado frases tan intelixentes e sinxelas como estas
"Siempre se puede,cuando se quiere", "El tiempo no es oro; el tiempo es vida" "Hay dos clases de economistas: los que quieren hacer más ricos a los ricos y los que queremos hacer menos pobres a los pobres" .
Polas suas obras e sobre todo pola sua testemuña de vida coherente,grazas.
Grazas José Luís Sanpedro por ter vivido.


Se queres coñecer un pouco máis a fondo a vida e obra de José Luís Sanpedro pincha AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario