28 may 2014

As Pombas do Carboeiro

Esta mañá puidemos gozar da representación dun cantar de cego moderno. Un frade e un novicio axudados polas cartas do tarot de Marsella reveláronlle a un batallón das tropas napoleónicas a fantástica Orde das Pombas do Mosteiro de Carboeiro.
A historia de ammor que relata non deixou indiferente a ninguén.



23 may 2014

Marcos Calveiro no Fontem Albei

Hoxe visitounos o escritor Marcos Calveiro. Durante duas sesións independentes falou sobre os libros que leron os nosos alumnos e departiu con eles sobre os procesos de creación literaria. Ó finalizar a sua intervención abriuse un turno de preguntas no que se estableceu un diálogo mais que interesante sobre libros, escritura e literatura.
Os alumnos quixeron agasallar ao escritor cuns traballos feitos por eles mesmos relacionados coa obra Festina Lente.




16 may 2014

Díaz Castro.Letras galegas 2014

Hoxe fixemos no salón de actos a celebración do Día das Letras Galegas que este ano adícase á figura de Díaz Castro. Nesta celebración explicouse o porqué do Día das letras Galegas. De seguido houbo un visionado do documental Xosé María Díaz Castro: Nimbos de poesía. Rematouse o acto coa entrega dos premios do Concurso de banda deseñada e a lectura e entrega de premios do concurso de relato curto.
Podedes ver todas as fotos no Facebook do Instituto.







8 may 2014

Correlingua 2014

Un ano mais participamos no Correlingua. Esta actividade promovida polo Equipo de Dinamización lingüística goza de grande aceptación entre o alumnado.
A pancarta deste ano resultou gañadora. Fixose unha pancarta con traballo colaborativo: cadradiños de lá tecidos para abrigarse co galego.
Parabens!!
Podedes ver todas as fotos faacendo click AQUÍ