24 dic 2013

Bo Nadal!

Como hoxe é o día de Noiteboa, queremos compartir con todos vos a felicitación de NAdal qeu fixeron os alumnos de 4º da ESO dirixidos pola sua profe de Plástica María José Pérez. Están feitos uns artistas.
Bo Nadal!!

Globo de Betanzos no ceo

Unha das actividades mais espectaculares deste fin de trimestre foi o noso particular Globo de Betanzos. Aquí está o vídeo de como empezou a voar.

20 dic 2013

Celebrando o fin do trimestre

Chegamos ó último día do trimestre e tivemos unha xornada ben atarefada.Por un lado, o globo de Betanzos surcou o ceo.Grazas a Jesús e a María josépolas horas e o traballo invertido e a todos os alumnos que participaron. Logo chegou o tempo do karaoke o o tradicional partido de baloncesto que gañaron os profe de novo.
Con esta xornada pechamos o trimestre e queremos desexarvos unhas boas festas. Vémonos no 2014!


19 dic 2013

Un Nadal de libro

Parece incrible pero é certo. Xa chegaron as vacacións de nadal. E entre panxoliñas, comilonas e reunións familiares sempre hai un anaquiño de tempo para disfrutar coa lectura. Os profesores e as profesoras fixemos una selección de libros da nosa bibliteca para recomendarvos como lecturas de Nadal, e están expostos na mesa da entrada da biblioteca, como seguro que xa sabiades.
Sabede tamén que todos os libros da biblioteca están desexando que os levedes a pasar o Nadal con vos. Animádevos!!



4 dic 2013

Miguel e a animación

Miguel Méndez que é todo un artista, fixo esta animación na sua libreta de Educación Plástica e visual. A verdade é que o resultado é unha marabilla.¿Qué vos parece?


3 dic 2013

De novo na prensa

Os de El Progreso quérennos moito. Hoxe sacan de novo unha foto na que aparece Nia co alcalde de A Fonsagrada, Argelio Fernández, facéndolle entrega na nosa biblioteca do premio de Postais de Nadal que organizou a Biblioteca Pública.
O traballo feito por Nia Perona vai ser usado nas postais de Nadal do Concello de A Fonsagrada deste ano.

2 dic 2013

Aparición na prensa

Onde domingo en El Progreso de Lugo fixéronse eco do premio de postais de Nadal gañado por Nia Perona. Parabens mediáticos para ela!