31 ene 2014

Charla do Centro Superior de Hostelería de Galicia

Hoxe pola mañá tivemos con nós a Raque Fondevilla, do Centro Superior de Hostelería de Galicia, que se achegou para informarnos sobre as saidas profesionais e a formación que se imparte nese centro. A charla despertou o interese de varios dos nosos alumnos. Quen sabe se nun futuro se convertirán en magníficos directores ou directoras de hoteis.

30 ene 2014

Día da Paz e a non violencia

Hoxe celebramos o Día da Paz a a non violencia. No Fontem Albei aproveitamos a neve para deixar un fermoso símbolo da paz feito polos alumnos de 1º da ESO e 3º da ESO. Tamén durante a semana, que demos en chamar como "Semana da Paz" (coma se nas outras tiveramos guerra!!) todo o alumnado da ESo estivo traballando con aqueles Premios Nobel da Paz e Premios Prícipe de Asturias da Concordia que contruibuiran dende o mundo da Ciencia, aproveitando que o lema das Bibliotecas escolares é "Ler ciencia na biblioteca". Os alumnos de 1º ciclo centráronse nas mulleres.O resultado destas investigacións poderase ver en breve, cando montemos a exposición.



16 ene 2014

Taller de perfumes

Alba e Lucía alumnas de 1º da E.S.O. ensinaron aos seus compañeiros a facer perfumes. Unha das horas de Atención Educativa e Relixión foi adicada a este obradoiro.
Todos fixeron uns perfumes que ulían moi ben. Unha vez aprendido o proceso, por grupos fixeron carteis explicando como se facían os perfumes. Agora témolos expostos nos corredores, e o cartel gañador que foi o de Nía e María está á entrada para que o vexa todo o mundo.
Parabens a Alba e Lucía por ensinarlles a facer perfumes e a María e Nía polo seu cartel gañador.
Se queredes ver todas as fotos dos carteis podedes facelo no Facebook do Instituto ou AQUÍ


15 ene 2014

Recomendacións de lectura

Este trimestre os alumnos dos diferentes cursos son os que van a ir suxerindo libros de lectura. Empezamos cos de 3º de PDC e as suas recomendacións, que podedes ver na parte superior dos andeis onde están ubicados os diccionarios. Esperamos que vos gusten as propostas dos vosos compañeiros, e que cando sexa o voso turno fagades unha selección magnífica dos libros e películas que temos na nosa biblioteca.



14 ene 2014

Doazón aos fondos da biblioteca

A nosa directora Carmen Gómez fixo hoxe unha doazón de películas, documentais e xogos para o ordenador.
Dende a biblioteca queremos darlle as grazas pola sua colaboración ao enriquecemento dos fondos documentais de Afonsa.



9 ene 2014

Xa estamos aquí

Pois si, xa estamos aquí de volta. Empezamos ano novo, 2014, que ten pinta de que vai ser moi pero que moi productivo. E como inicio de trimestre trouxemos unha novidade á biblioteca, o libro El partido que cambió la historia  de Antonio Gil Sose.
Por medio do Twitter do instituto puxémonos en contacto con él para darlle a coñecer que tiñamos o seu libro, e contestounos que lle facia moita ilusión que estivera aquí. Mirade o intercambio de chíos que tivemos.