Alba e Lucía alumnas de 1º da E.S.O. ensinaron aos seus compañeiros a facer perfumes. Unha das horas de Atención Educativa e Relixión foi adicada a este obradoiro.
Todos fixeron uns perfumes que ulían moi ben. Unha vez aprendido o proceso, por grupos fixeron carteis explicando como se facían os perfumes. Agora témolos expostos nos corredores, e o cartel gañador que foi o de Nía e María está á entrada para que o vexa todo o mundo.
Parabens a Alba e Lucía por ensinarlles a facer perfumes e a María e Nía polo seu cartel gañador.
Se queredes ver todas as fotos dos carteis podedes facelo no Facebook do Instituto ou AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario