24 abr. 2014

Choiva de opinións

A experiencia da cita a cegas cos libros non rematou (ou non debera rematar). Queremos saber da vosa opinión!
Foi o texto que acompañaba o paquete o que vos motivou a escollelo? Adiviñáchedes o título ou foi unha sorpresa ao desempaquetalo?

OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS




Con motivo do Día do Libro o Departamento de Plástica agasallou a todas e todos os lectores da biblioteca cunha flor por cada libro emprestado.


Alén do agasallo, e para todo o mundo que quixer, a profesora María José organizou un obradoiro de marcapáxinas para que todos nós puidesemos realizar os nosos propios marcadores. Como colaborador especial, axudando no obradoiro, colaborou o alumno de 4º Adrián.


Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!!!


22 abr. 2014

23 de abril DÍA DO LIBRO




Que sorpresas haberá preparadas este ano na biblioteca para celebrarmos o Día do Libro 2014?
A primeira descubrirala cando collas emprestado un libro este mércores. A segunda xa a tes á vista:

CITA A CEGAS CUN LIBRO

Que? Anímaste a escoller un libro tan só guiándote pola información que aparece escrita no envoltorio?

2 abr. 2014

Día mundial do libro infantil e xuvenil

Hans Christian Andersen escribiu mais de 150 contos infantís e xuvenís. Para darlle recoñecemento a tan incrible producción decidiuse propoñer celebrar o Día mundial do libro infantil e xuvenil coincidindo coa data do seu nacemento, que foi un 2 de abril de 1805.
Por iso, hoxe, 2 de abril celebramos o Día Mundial do libro infantil e xuvenil.
¿Qué mellor día que hoxe para engancharse a un bo libro?


2 de abril, Día mundial da concienciación sobre o autismo

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día mundial da concienciación sobre o autismo. Con este día o que se pretende é dar visibilidade ás persoas autistas e concienciar á sociedade sobre este tema.
En España hai uns 50.000 menores con autismo, e moitos deles sufren as barreiras sociais que lles impiden levar unha vida como calquer outro cidadán.
Desexamos que pouco a pouco a cor azul coa que se identifica a concienciación sobre o autismo chegue a estar presente en todos os cidadáns.

Se queredes coñecer un pouco mais sobre o autismo podedes facelo AQUÍ