17 mar 2016

HOMENAXE A JUSTA SEÑOR. DÍA DA MULLER. (III)

 Por fin puidemos facerlle a merecida homenaxe a Justa Señor!!!
Debido a problemas de saúde tivemos que pospoñela pero mereceu a pena esperar porque resultou un intercambio interxeracional moi interesante. Justa, aos seus 90 anos, contóunos como transcurría un día na súa "vida de muller" cando era nova e se ocupaba das labores da casa e máis de axudar ao seu pai na ferrería.
Esperanza Abelairas, outra muller da Fonsagrada que adicou parte da súa vida a transmitir os valores culturais  a través do Museo da Fonsagrada, demostrou ser unha boa oradora e coñecedora dos moitos bens históricos etnográficos e etnolóxicos  desta terra.
A nosa homenaxe a Justa Señor saíu na prensa!! Aquí vemos a nosa compañeira Gloria, do Equipo da Biblioteca, xunto a Justa e Esperanza.
Ao final entregámoslles uns agasallos para que, ademáis do recordo sentimental da nosa homenaxe, teñan tamén un detalle material deste acto.
Graciñas por vir e ensinarnos tanto das vosas interesantes vidas de mulleres!!!
Podedes ver máis fotos da homenaxe no facebook do instituto.

8 mar 2016

HOMENAXE ÁS NOSAS MULLERES: JUSTA SEÑOR, UNHA "MULLER DE FERRO" (II)


Visible tamén queremos que sexa outra muller da Fonsagrada que durante unha década, fai agora uns 90 anos, adicóuse a unha profesión considerada masculina. Justa Señor, natural de A Graña (Carballido) foi ferreira. Si non foi a única, unha das poucas... porque pese á grande produción de ferreiros na zona de Carballido, non atopamos referencia histórica algunha sobre mulleres traballando o ferro. Dende os 16 anos traballou co seu pai, que exercía de ferreiro. Tiña varios inmáns, todos varóns, polo que ademáis de axudarlle ao seu pai, tocáballe  o traballo da casa, naquela época relegado ás mulleres.  
Pouco lle importaron os prexuizos sociais arredor dunha muller con profesión de homes. Ela , con poucas palabras, define moi ben isto: "se fora home, sería ferreiro". Cando casou deixou de axudar ao seu pai diariamente pero nunca olvidou o seu apego a ista profesión e volvía sempre cando o traballo na ferrería o requería.
A idea de Gloria, compañeira do Equipo da Biblioteca, de facerlle unha merecida homenaxe a Justa, neste 8 de Marzo do 2016,   íbase a levar a cabo e xa tíñamos todo listo pero non se atopa ben de saúde polo que consideramos cambiar a data para un pouquiño máis adiante.
Aínda que ela non esté aquí hoxe, nós homenaxeámola do mesmo xeito xa que temos a exposición con fotos e detalles da súa vida que fomos recopilando e que está á entrada do instituto.
Ademáis, a profa de Plástica, Mª José, montou un video sobre  a vida de Justa con música de birimbao. 
Esperámos que cando veña a ilustrarnos sobre a súa gran vida de muller lle guste a nosa pequena homenaxe!!! 















DÍA DA MULLER, HOMENAXE ÁS NOSAS MULLERES (I). 

Todos os 8 de Marzo, e todos os días do  ano, vimos reivindicando os dereitos das mulleres, a igualdade no traballo, no fogar, na parexa, na sociedade... e destacando ás mulleres que fan  que esa loita sexa visible. Nesta ocasión tamén o faremos e serán @s alumn@s os encarcados de salientar as virtudes desas mulleres que teñen moi preto aínda que ás veces pase inadvertida a súa grande aportación á familia e á sociedade.
 É unha homenaxe ás nosas mulleres; a esas nais, avoas, tías, amigas... que contribúen día a día co seu traballo incondicional, adicación altruísta e coidado sen límites ao noso crecemento como persoas.
O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO deixaron o seu agradecemento por escrito nunhas tarxetas que de seguro deixarán bo sabor de boca ás mulleres que as reciban. Ata que sexan entregadas ás súas destinatarias estarán expostas no panel da entrada do centro.













A profe de Plástica, Mª José, e os seus alumnos fixeron un bo traballo elaborando iste video sobre estas mulleres do entorno de Fonsagrada, que podedes visionar facendo clic  aquí.