8 mar 2016

HOMENAXE ÁS NOSAS MULLERES: JUSTA SEÑOR, UNHA "MULLER DE FERRO" (II)


Visible tamén queremos que sexa outra muller da Fonsagrada que durante unha década, fai agora uns 90 anos, adicóuse a unha profesión considerada masculina. Justa Señor, natural de A Graña (Carballido) foi ferreira. Si non foi a única, unha das poucas... porque pese á grande produción de ferreiros na zona de Carballido, non atopamos referencia histórica algunha sobre mulleres traballando o ferro. Dende os 16 anos traballou co seu pai, que exercía de ferreiro. Tiña varios inmáns, todos varóns, polo que ademáis de axudarlle ao seu pai, tocáballe  o traballo da casa, naquela época relegado ás mulleres.  
Pouco lle importaron os prexuizos sociais arredor dunha muller con profesión de homes. Ela , con poucas palabras, define moi ben isto: "se fora home, sería ferreiro". Cando casou deixou de axudar ao seu pai diariamente pero nunca olvidou o seu apego a ista profesión e volvía sempre cando o traballo na ferrería o requería.
A idea de Gloria, compañeira do Equipo da Biblioteca, de facerlle unha merecida homenaxe a Justa, neste 8 de Marzo do 2016,   íbase a levar a cabo e xa tíñamos todo listo pero non se atopa ben de saúde polo que consideramos cambiar a data para un pouquiño máis adiante.
Aínda que ela non esté aquí hoxe, nós homenaxeámola do mesmo xeito xa que temos a exposición con fotos e detalles da súa vida que fomos recopilando e que está á entrada do instituto.
Ademáis, a profa de Plástica, Mª José, montou un video sobre  a vida de Justa con música de birimbao. 
Esperámos que cando veña a ilustrarnos sobre a súa gran vida de muller lle guste a nosa pequena homenaxe!!! 















No hay comentarios:

Publicar un comentario