22 feb 2013

Galiciencia

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO e de 1º de BAC marcharon hoxe ata Lugo, ó Instituto Lucus Augusti onde se está a celebrar Galiciencia.
Alí de maneira lúdica e didáctica realizan experimentos relacionados coas funcións cerebrais e a percepción sensorial.
Despois desta experiencia a ciencia é moito mais divertida e xa case non ten secretos para eles.
Podedes ver todas as fotos no Facebook do Instituto.



Xosé Miranda

O mércores 20 de febreiro estivo con nós o escritor Xosé Miranda e aproveitamos a ocasión para facerlle preguntas sobre os libros del que tiñamos lido, Morning Star ou Pel de lobo; a súa lectura suscitou en nós certa curiosidade por saber como chegou a escribilos, en que se inspirou, porque é tan gráfico nas escenas de violencia.... todas estas preguntas e algunha máis foron contestadas por este autor que nos engaiolou tanto coas súa literatura escrita como co seu ameno discurso oral.
Rematou ademais dándonos sabios consellos, como que deberiamos ler por ser un dos actos que máis aporta ao noso cerebro ou que para saber ler primeiro tiñamos que saber escoitar, non só aos profesores senón tamén aos compañeiros.
En fin, que foi unha visita moi proveitosa e agardamos que haxa oportunidade de que volva ao noso instituto. Aquí vos achegamos algunhas fotos da charla. Podedes velas todas no Facebook do Instituto




21 feb 2013

I Concurso de Haikus

Aproveitando que fixeramos un obradoiro de Haikus e que tivo moi boa acollida, propuxemos un Concurso de Haikus entre os alumnos do IES Fontem Albei e os alumnos do CPI de Navia de Suarna. E como tiñamos cerquiña a data do San Valentín, propuxemos que a temática fose o amor.
O xurado xa emitiu veredicto e aquí tedes os Haikus gañadores. Noraboa ós premiados!!


1º Ciclo da ESO

1º PAULA MALLO FERNÁNDEZ  (CPI Navia de Suarna)
“Bolboretas no estómago,
dúbida na mente,
dor no corazón.”

2º MOHAMED LEFSAHI (CPI Navia de Suarna)
“Chover e chover,
chorar tanto, chorar.
A auga corre.”

3º MANUEL SAAVEDRA FERNÁNDEZ (CPI Navia de Suarna)
“Círculo branco
que na escuridade aparece:
Lúa.”


2º Ciclo da ESO


1º ISMAEL ÁLVAREZ LÓPEZ (CPI Navia de Suarna)
“Brisa de rosas nun quérote
e cisnes de azucre
na barca do corazón.”

2º LARA ARIAS LÓPEZ (IES Fontem Albei)
“Todo o  mesmo de sempre,
sempre todo o mesmo.
Todo sempre nada”


3º JESÚS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ (CPI Navia de Suarna)
“Sen alguén dentro de ti
está a caer
o que pensei que era terra firme.”

15 feb 2013

Meteoritos!!

Onte xa estabamos preocupados pola posibilidade do impacto dun asteroide  e...Caeu un meteorito nos Urais!! Por si acaso  nós onte sacamos algúns libros sobre o universo e as estrelas,para que vos podades informar. Agora veremos que pasa co seguinte...





14 feb 2013

San Valentín 2013

E chegou o San Valentín! Ainda non estabamos recuperados do Antroido e xa temos outra festa enriba. Hoxe a urna do amor botaba fume!! Mañá procederase a clasificar as mensaxes recibidas e tan pronto como sexa posible serán repartidas polos mensaxeiros do amor que xa están preparad@s!! Estade ben atent@s!
Podedes ver todas as fotos no Facebook do Instituto.




8 feb 2013

Antroido 2013

O Antroido chegou ó Instituto,e este ano pasámolo moi ben co desfile de Antroido e cos doces  que comimos despois. Podedes ver todas as fotos pinchando AQUI e no blogue do ENDL