O mércores 20 de febreiro estivo con nós o escritor Xosé
Miranda e aproveitamos a ocasión para facerlle preguntas sobre os
libros del que tiñamos lido, Morning Star ou Pel de lobo;
a súa lectura suscitou en nós certa curiosidade por
saber como chegou a escribilos, en que se inspirou, porque é tan
gráfico nas escenas de violencia.... todas estas preguntas e algunha
máis foron contestadas por este autor que nos engaiolou tanto coas
súa literatura escrita como co seu ameno discurso oral.
Rematou ademais dándonos sabios
consellos, como que deberiamos ler por ser un dos actos que máis
aporta ao noso cerebro ou que para saber ler primeiro tiñamos que
saber escoitar, non só aos profesores senón tamén aos compañeiros.
En fin, que foi unha visita moi
proveitosa e agardamos que haxa oportunidade de que volva ao noso
instituto. Aquí vos achegamos algunhas fotos da charla. Podedes velas todas no Facebook do Instituto
No hay comentarios:
Publicar un comentario