6 mar 2015

8 de marzo no Fontem Albei

Dende o Fontem Albei querémonos unir á celebración do Día da Muller. E queremos adicarlle especialmente este día ás mulleres escritoras, xa que elas coas suas obras e pensamentos empezaron a cambiar o mundo.
Fixemos un mural cos nomes de mulleres escritoras relevantes das que tiñamos libros na biblioteca e tamén creamos un panel de pensamentos, para que ademáis dos pensamentos das mulleres elexidas puideran estar os nosos propios pensamentos.
Tamén os alumnos de 4º de PDC fixeron un mural-exposición sobre qué dereitos foron adquirindo as mulleres ao longo dos últimos 40 anos.
 A actividade se prolongará ao longo de toda a semana que ven.

Non dubidedes en participar.






8 de marzo. Día internacional da muller

Aló polo 1857 un grupo de obreiras en Nova Iorque decidiron saír á rúa para facer unha protesta polas condicións miserentas nas que estaban a traballar.
Dende ese momento houbo mais movementos de protesta e folgas protagonizadas por mulleres reivindicando a igualdade salarial, a xornada laboral de 10 horas e ter tempo para poder amamantar aos seus fillos.

En 1910 na Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras que se celebrou en Copenhague máis de 100 mulleres aprobaron que se declarase o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Actualmente celébrase o Día da Muller cada 8 de marzo.

Parece incrible que cambiaramos de século pero as mulleres sigamos coas mesmas reivindicacións. As mulleres seguimos na loita.

Guadi Galego soubo plasmar perfectamente esta loita contínua das mulleres na sua canción Matriarcas  que podedes ver a continuación.

Esperemos que co paso dos anos podamos conseguir unha igualdade social entre homes e mulleres.