Aló polo 1857 un grupo de obreiras en Nova Iorque decidiron saír á rúa para facer unha protesta polas condicións miserentas nas que estaban a traballar.
Dende ese momento houbo mais movementos de protesta e folgas protagonizadas por mulleres reivindicando a igualdade salarial, a xornada laboral de 10 horas e ter tempo para poder amamantar aos seus fillos.
En 1910 na Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras que se celebrou en Copenhague máis de 100 mulleres aprobaron que se declarase o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Actualmente celébrase o Día da Muller cada 8 de marzo.
Parece incrible que cambiaramos de século pero as mulleres sigamos coas mesmas reivindicacións. As mulleres seguimos na loita.
Guadi Galego soubo plasmar perfectamente esta loita contínua das mulleres na sua canción Matriarcas que podedes ver a continuación.
Esperemos que co paso dos anos podamos conseguir unha igualdade social entre homes e mulleres.

No hay comentarios:
Publicar un comentario