29 oct. 2014

Samaín, Halloween, mortos,medos e demais.

Afonsa vestiuse de medo igual que o fai todos os anos nesta época. Halloween, Samaín...non imos entrar en polémicas. O que si sabemos é que temos un momento "de medo" e que mellor que compartir esta festividade cun libro que nos faga sentir arrepíos? Non esperedes para achegarvos á biblioteca e que se vos poña a pel de galiña ao ver o tenebrosa que está e se vos achegades ao andel central a ver os libros de medo recomendados tede coidado coas teas da araña e as alimañas que por alí andan...

24 oct. 2014

24 de outubro, Día das bibliotecas escolares

Estamos de celebración! E Afonsa recibiu unha sorpresa na mesa de lectura redonda. Vaia cara que se lles quedou aos que alí estaban!
Ademais para celebrar o día das bibliotecas escolares todos os alumnos e alumnas que pasaron pola biblioteca levaron o seu marcapáxinas.


20 oct. 2014

Pinhole Van

O xoves e o venres da pasada semana foron do mais intenso. O xoves houbo un obradoiro de fotografía creativa impartido por Iago Eireos a través do Museo de Arte Contemporáneo da Coruña.
Iago Eireos trouxo a Pinhole Van na que puideron facer o revelado das fotografías que fixeron coas cámaras que crearon con caixas de cartón.
A biblioteca foi escenario de moitas desas obras creativas plasmadas en fotografías.
Podedes ver todas as fotos facendo click AQUÍ que vos levará ao Facebook do Instituto.







9 oct. 2014

Outubro mes da biblioteca escolar. Afonsa máxica.

Xa sabiamos que outubro era o mes adicado ás bibliotecas escolares e na Afonsa estan pasando cousas ben raras. Mirade senon este vídeo que logramos grabar sen ser vistos dun esquelete saido dun libro de Anatomía que se puxo a bailar con Ángel, Nía, Érika, Laura e Rubén que estaban tranquilamente lendo libros na biblioteca....
Creo que este fenómeno paranormal vaise seguir repetindo....Tede coidado cando vaiades á biblioteca!!

Libros no outono

Este tempo outonal é perfecto apra pasar a terde lendo tapadiño cunhamanta. Achégate ata a biblioteca e poderás escoller un libro de entre os milleiros que temos. Non deixes pasar máis tempo e ven!

8 oct. 2014

Algo se move...

Algo está a pasar na biblioteca...algo se está a mover...Que será o que vai acontecer? Xa sabedes cal é o noso lema...Permanecede atentos!





6 oct. 2014

Meteoroloxía

Nos andeis destinados a mostras de libros ocurríusenos poñer os que temos na biblioteca sobre meteoroloxía. Incluso puxemos un aparello ben xeitoso que nos dí a temperatura e grado de humidade que temos. Cando pasedes pola biblioteca non vos olvidedes de botarlle unha ollada.







1 oct. 2014

Outubro, mes das bibliotecas

Hoxe estamos de estrea. De estrea de mes de outubro que é moi especial para nós, pois é cando se celebra o mes da Biblioteca Escolar. A proposta xurdiu da IASL (International Association of School Librarianship) e acordouse que o día 24 de outubro fose o Día da Biblioteca Escolar.
Para festexar o mes empezaremos con algunha actividade e exposición das que vos iremos dando conta. E como sempre dicimos...permanecede atentos!