25 feb 2016

UMBERTO ECO (1932- 2016)  E N.HARPER LEE (1926- 2016)


U. Eco será sempre difícil de definir porque  probablemente  quedaranos algo no tinteiro. Semiólogo excelente, filósofo consecuente, novelista sagaz, periodista irónico, e para rematar persoa afable e que sabía cómo chegar á xente. Bueno... xa caracterizamos una pequeña parte do seu saber. Pero aínda nos queda referirnos ao seu amor polos libros e sirva como exemplo o que dixo en certa ocasión: "O que non le, aos 70 anos viviu una vida. Quen le, vive 5000 anos. A lectura é una inmortalidade de novo". E inmortal será sempre a súa obra aínda que físicamente xa non estea entre nós.
Parece cousa do destino que o mesmo día que nos deixou U. Eco tamén o fixera outra fantástica escritora, Harper Lee, que logo de denunciar a vulneración dos dereitos humanos no Sur de EEUU, na súa famosa obra: "La muerte de un Ruiseñor" en   1960, non volveu a saberse nada dela ata   2015, cando publica: "Ve y pon un centinela". Dícese que ésta  era a obra orixinal á que pertencía Matar a un Ruiseñor, que era un capítulo reescrito  por esixencias da editorial para ser publicado. Tamén se especula sobre si se trataba dun borrador da obra orixinal... 
Os dous souperon chegar a millóns de persoas coas súas obras literarias que se convertiron en grandes clásicos da literatura, os dous expuxeron situacións da nosa historia onde prevalecía a inxusticia, superstición, e falta de tolerancia sobre a razón, os dous foron testigos do triunfo das súas novelas levadas ao cine, e os dous fóronse o mesmo día con poucas horas de diferencia.

22 feb 2016


O 24 DE FEBREIRO, NO FONTEM ALBEI "MOBILIZÁMONOS" para conmemorar o día de Rosalía de Castro xa que nesta data naceu a nosa poetisa máis coñecida fai agora 179 anos.
Desde o Equipo da biblioteca e do Equipo de Dinamización Lingüística,  sumámosnos á iniciativa da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega, que propoñen o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os termináis móbiles do alumnado e do profesorado dos centros de Secundaria e Bacharelato, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares Gallegos (parte da estrofa 13), é o seguinte: 

                 Trocando en sonrisas/queixiñas e choros

 Enviaráse  o día 24 ás 12:10 no salón de actos do instituto, a través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía.
 

Cartel co que anunciamos o acto de #mobilizarosalía. Aproveitando materiais de outros anos.


 

 
 


19 feb 2016

GRACIAS FORGES!!! por agasallarnos con tres das túas obras, pero aínda che agradecemos máis a túa fina ironía, a túa filosofía crítica, o teu humor para contar tanto o bo como o malo deste mundo... a túa retranca como parte que che toca de bo galego...gracias por SER.



Sabemos que a lectura é una das túas paixóns e intentamos que nos nosos alumnos e alumnas se esperte  tamén ese interese, para que lles axude a "sacarlle punta ao mundo" como ti fas de forma extraordinaria.

12 feb 2016

 O AMOR E OS MITOS

 Aproveitando a conmemoración de San Valentín, os alumnos de 4º ESO de cultura clásica, andan a investigar qué deuses e deusas gregos e romanos eran os encargados de xestionar este nobre sentimento  nos  humanos.
Tamén están descubrindo que hai mitos  moi belos  nos que o Amor é o protagonista ( Hero e Leandro, Píramo e  Tisbe ),  e que ademais son fonte de inspiración  de obras literarias tan coñecidas hoxe como Romeo y Julieta  de W. Shakespeare, a Fábula de Píramo y Tisbe de L. de Góngora; de moitas obras de arte como a pintura Paisaje con Píramo y Tisbe de Nicolás Poussin (1651); de  edificios como a Torre Leandro en Estambul... Para ver algunas destas influencias ver http://es.slideshare.net/fastum/pramo-y-tisbe-11332662

11 feb 2016

 O Día de San Valentín xa está aquí...

e o noso III Certame de Cartas de Amor así como a recollida e posterior entrega de mensaxes de amor, aínda que comenzan xa ista semana, vanse a celebrar tamén ao longo da próxima.
As bases do III Certame de Cartas de Amor e o buzón para entregalas  están á vosa disposición  na biblioteca, no andel central.
 
O "Buzón do Amor"  para que depositedes as  vosas   agarimosas mensaxes encóntrase á entrada do instituto. Os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato serán Os Mensaxeiros do Amor, como todos os anos,  encargados de repartir as mensaxes aos seus destinatarios.
 
 


Animádevos a participar!!!

1 feb 2016

A nosa Paz 
o resultado do traballo, levado a cabo polo alumnado na titorías, sobre as imaxes da guerra, quedou reflexado nun mural que foi exposto na entrada do centro.

Imaxes tomadas da páxina elorientablog.blogspot.com



Algunhas das duras imaxes  que os alumnos e alumnas comentaron.

 
 

Sobre o muro destas imaxes construímos simbólicamente a palabra PAZ...



 con poemas...







  
 e símbolos...


Malala Yousafzai, premio Nobel da Paz 2014, que foi atacada polos talibáns por defender o dereito das nenas do seu país á educación, dixo en certa ocasión que "los extremistas han demostrado qué es lo que más temen: a una niña con un libro". Ten moita razón e nós dende Afonsa propoñemos algunhas lecturas para a paz.
No andel central da biblioteca podedes atopar unha escolla de libros pola paz.