O 24 DE FEBREIRO, NO FONTEM ALBEI "MOBILIZÁMONOS" para conmemorar o día de Rosalía de Castro xa que nesta data naceu a nosa poetisa máis coñecida fai agora 179 anos.
Desde o Equipo da biblioteca e do Equipo de Dinamización Lingüística, sumámosnos á iniciativa da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega, que propoñen o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os termináis móbiles do alumnado e do profesorado dos centros de Secundaria e Bacharelato, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares Gallegos (parte da estrofa 13), é o seguinte:
Trocando en sonrisas/queixiñas e choros
Enviaráse o día 24 ás 12:10 no salón de actos do instituto, a través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario