25 feb 2016

UMBERTO ECO (1932- 2016)  E N.HARPER LEE (1926- 2016)


U. Eco será sempre difícil de definir porque  probablemente  quedaranos algo no tinteiro. Semiólogo excelente, filósofo consecuente, novelista sagaz, periodista irónico, e para rematar persoa afable e que sabía cómo chegar á xente. Bueno... xa caracterizamos una pequeña parte do seu saber. Pero aínda nos queda referirnos ao seu amor polos libros e sirva como exemplo o que dixo en certa ocasión: "O que non le, aos 70 anos viviu una vida. Quen le, vive 5000 anos. A lectura é una inmortalidade de novo". E inmortal será sempre a súa obra aínda que físicamente xa non estea entre nós.
Parece cousa do destino que o mesmo día que nos deixou U. Eco tamén o fixera outra fantástica escritora, Harper Lee, que logo de denunciar a vulneración dos dereitos humanos no Sur de EEUU, na súa famosa obra: "La muerte de un Ruiseñor" en   1960, non volveu a saberse nada dela ata   2015, cando publica: "Ve y pon un centinela". Dícese que ésta  era a obra orixinal á que pertencía Matar a un Ruiseñor, que era un capítulo reescrito  por esixencias da editorial para ser publicado. Tamén se especula sobre si se trataba dun borrador da obra orixinal... 
Os dous souperon chegar a millóns de persoas coas súas obras literarias que se convertiron en grandes clásicos da literatura, os dous expuxeron situacións da nosa historia onde prevalecía a inxusticia, superstición, e falta de tolerancia sobre a razón, os dous foron testigos do triunfo das súas novelas levadas ao cine, e os dous fóronse o mesmo día con poucas horas de diferencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario