29 nov 2016


"POR QUE TANTA VIOLENCIA? 

XA PARECE TENDENCIA"

O día 25 non puidemos levar a cabo os actos que tiñamos previsto para manifestarnos en contra de todo tipo de violencia contra a muller xa que unha boa nevada impediu que se desenvolveran as clases con normalidade. 
Pero non importa porque todos os días son bos para mostrar o noso reixetamento a este tipo de problemas sociais, así que nesta semana esperamos desenvolver o noso acto de repulsa á este tipo de violencia. No panel da entrada da biblio pódense ver os lemas e os carteis contra a violencia de xénero que os alumnos fixeron para participar nos concursos convocados pola biblioteca.
Tamén está exposto o mural que elaboraron alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO no que se manifesta a capacidade da educación para previr a violencia entre homes e mulleres dende a coeducación. Hai referencias a poemas de Federico García Lorca, e de Carmen Blanco, escritora e profesora lucense que nos ten acostumados a  unha defensa da muller dende a literatura.
O lema que eleximos para ilustrar a nosa denuncia hacia os malos tratos á muller é : "Por que tanta violencia? Xa parece tendencia", lema de Osvaldo Suárez de 1º de Bac

BASES DOS CONCURSOS DE LEMAS E CARTEIS



POEMA DE CARMEN BLANCO

MANIFESTO ELABORADO POR NÍA E LAURA, DE 4º ESO

EDUCACIÓN EN IGUALDADE

PANEL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

POEMA DE CARMEN BLANCO
 

27 nov 2016

Cousas que contar do mes de Novembro


Ás veces van quedando cousas sen contar, que non sen facer...

Formación de novos usuarios da Biblio

Neste curso os novos membros da nosa biblioteca aprenderon como se buscan os libros nunha biblioteca tendo en conta a CDU. Familiarizáronse cos lugares donde están colocados os libros das diferentes materias e ademáis divertíronse aprendendo xa que participaron nun concurso no que  tiñan que buscar unha serie de libros, revistas, películas e ata o nome dalgunha bibllioteca ou libraría da exposición que temos estes tempos sobre Curiosas Bibliotecas e Librarías de España. Participaron por grupos e axudados por algúns alumnos e alumnas de 4º da ESO. Gañou o grupo que rematou máis axiña. Os gañadores foron Rocío García Ruíz, Laura Neira Ortíz e Marcos Murias Pérez, agasallados con mochilas e axendas. Os membros do grupo que quedou en segundo lugar tamén levaron unhas bolsiñas ben xeitosas máis unhas axendas.


Pasárono ben e mostraron interese por saber da biblioteca
Lendo historias de medo
Iso foi o que estiveron facendo os rapaces e rapazas de 3º da ESO nunha tarde do xoves na biblioteca, logo de rematar de decorala,  como preludio da celebración do 1 de Novembro e co obxectivo de deixar patente que o espíritu do Samaín/Halloween está vivo no noso centro. Non sabemos si a todos lles percorreu o medo polas  súas almas ou non, pero ler leron de medo que era do que se trataba, ou non? 


                                        


23 nov 2016


25 DE NOVEMBRO

Xa se achega esa data na que seguimos reivindicando unha igualdade entre homes e mulleres que parece non se acada nunca. É difícil chegar a comprender que continúe habendo que contabilizar mortes por violencia de xénero, e aínda resulta máis paradóxico que a idade das vítimas cada vez sexa menor. Os casos de violencia, xa sexa verbal ou física, entre adolescentes, parecen incrementarse nunha sociedade que se ten por "progresista". A sinrazón asómase  cando escoitamos noticias nas que rapaces de 14, 15, e incluso menos anos, agreden ás súas parellas por mirar a outro, por levar roupa "pouco adecuada"...
Entendemos menos aínda que esos rapaces interioricen certos tópicos machistas presentes na sociedade. Xa se sabe, hoxe bautizamos o mesmo concepto doutro xeito, chámalle micromachismos ou chámalle x, e quedamos tan contentos. É máis do mesmo.
Pero seguimos intentando que non ocurran esas cousas e para elo vamos a unha das raíces do problema: os valores que a educación nos pode aportar para previr unha violencia estructural. Coa finalidade de concienciar sobre este grave problema social, este ano os alumnos e alumnas de 1º e 2º, e 3º  da ESO  elaborarán cada un un  cartel contra a violencia de xénero. E os alumnos de 4º e 1º de Bac presentarán un lema no que expresen o seu rexeitamento contra todo tipo de violencia contra a muller, xa sexa física ou psicolóxica.
 Ademáis 4º da ESO serán os redactores dun "manifesto contra a violencia de Xénero", traducido tamén a Inglés e Francés, que deixará patente o reixeitamento que  toda a nosa comunidade educativa sinte cara a esta lacra social.