29 oct 2023

Seguimos lendo

Ola lectores,

Seguimos lendo. A partir de mañá teredes dispoñible o fragmento dous do Diario. Se queredes comentar algo máis do primeiro fragmento podedes facelo na entrada anterior. Animádevos a compartir as vosas opinións. 

Un saúdo e boas lecturas



22 oct 2023

Esta semana comentamos o primeiro fragmento

 

Empezamos a comentar: Fragmento 1 (páxinas 21-47)

Ola lectorxs, Como foi vosa primeira fase de lectura? Habédesvos enganchado ás desventuras de Ana? Eu moito e iso que xa é a terceira vez que o leo. Unha anécdota que non lembraba e encantoume foi a do profesor que castiga a Ana por paroleira. Paréceme que todos nós temos moito que aprender da actitude de ambos.

El castígaa con moito sentido do humor e ela tómallo coma un reto. Os dous aprenden e melloran co ocorrido.

É así como vos reprendemos? Temos os profesores do Fontem Albei a arte do Sr Kepler? E vosoutros? Tendes a mesma capacidade de autocrítica? Encantaríame que vos animásedes a contar algo que atoparades chamativo e por que. Tamén podedes contestar algunha das seguintes preguntas:


1-Que é o sionismo?

2-Está Ana namorada?

3-Cantas persoas planean esconderse no refuxio? Quen?

4-Que actividades lles están vedadas aos xudeus?

5-Que estraño obxecto leva con ela a señora Van Daan? Que levarías ti?

6-Escribe a túa propia entrada de diario e compártea connosco. (Se sentes que é demasiado persoal para compartila estarei encantada de recibila en man. Prometo gardar o segredo)


Lembrade; estaremos a comentar toda a semana--- Do luns 23 ao domingo 29

A seguinte semana (Do luns 30 ao venres 3) poderedes recoller GRATIS en conserxería o seguinte fragmento.
Subscribídevos para seguir as noticias do club de lectura e deséxovos bos libros 😆💗😆😊



14 oct 2023

Clube de lectura; Empezamos!!!

A nena da foto é Ana Frank. 

Escribiu un dos Diarios máis famosos do século XX. Anna estaba oculta coa súa familia e outras persoas nun pequeño refuxio en Amsterdam para non ser atopada polas autoridades nazis. Era xudía.


Queres saber máis sobre ella? Empezamos a ler o seu Diario no clube de lectura

Tendes toda a semana para recoller o primeiro fragmento GRATIS en conserxería. A semana que ven (do 22 ao 29 de outubro) estaremos comentando o lido no blog da biblioteca

Subscribídevos para seguir a lectura e comentar!!!! :)

8 oct 2023

Quen é esta rapaza?

 

Ola rapazada!

Empezamos semana é se presenta a vos o Clube de lectura do ilustrísimo e inmellorable Ies Fontem Albei.

Empezamos preguntado quen é esta rapaza. Se o sabedes que se note. Deixade o voso comentario con nome ou inicial (porque os hai tímidos ;) ) e a vosa clase.

Se non o sabedes invítovos a facer un exercicio da imaxinación. Non busquedes, pillíns. Inventade unha identidade para a nena e a ver como de cerca quedades da verdade ;)

Apertas dende o equipo da biblioteca 😊