BLOG DA BIBLIOTECA DO IESP FONTEM ALBEI (A Fonsagrada, Lugo)
20 dic 2016
NADAL DE LIBRO!
Xa están aquí as festas de Nadal; vacacións, tempo de inverno, de reunións familiares e de amigos, de lecer, e de ler xunto á chiminea, -os que a teñan-, ou da cociña de leña.
Para todos e todas ós que esto lles pareza un bo plan, temos na biblio un montón de libros e de películas esperándovos para acompañarvos nestas festas. Ao lado da nosa árbore de Nadal podedes atopar un montón de títulos de moi diversas e interesantes temáticas.
Mirade que acolledora quedou Afonsa:
Hugo e Diego, de FP.B, axudando coa decoración navideña.
Preciosa árbore minimalista que fixeron os alumnos de FP.B
Escolma de libros para estas Festas
Gracias a todos pola vosa colaboración!
FELICES FESTAS A TODOS!!!
MANNEQUIN CHALLENGE NAVIDEÑO DO IESP FONTEM ALBEI!!!
16 dic 2016
AIREANDO OS DEREITOS HUMANOS
O 10 de Decembro celebramos o Día dos Dereitos Humanos e nesta ocasión vamos "sacar a airear" esos trinta artigos para refrescar a nosa memoria e a de todos en xeral, xa que ás veces parece que nos olvidamos da súa existencia e cumplimento. Para elo colgámolos á entrada da biblioteca para que todo aquel que entre e se atope con eles, teña en conta a súa existencia. Esperamos que sacar a airealos conleve telos sempre presentes como algo que é connatural ao ser humano, e tamén esperamos que non estean "collidos con pinzas" senón ben afianzados na nosa sociedade.
2 dic 2016
MANIFESTÁNDONOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Os alumnos de 4º ESO foron os encargados de presentar o acto que, retrasado pola neve, estaba previsto para o 25 de Novembro con motivo do Día contra a Violencia de Xénero. A visualización duns cortos sobre este gran problema social iniciou a toma de conciencia da nosa comunidade educativa cara a esta lacra social. Logo o manifesto contra iste tipo de violencia, elaborado por Nía Perona e Laura Fernández, leuno María Rodríguez en galego, Belén en inglés e Luis Ángel e Diego en francés. Temos que agradecer a colaboración das profes de francés, Paula Ballesteros, e de inglés, Mª Jesús Suárez, que fixeron a tradución do manifesto.
O rexeitamento á violencia tamén quedou patente dende o magnífico poema de Fabián Niño, de 4º da ESO.
Tamén leron Érica e Laura uns microrrelatos ben apañadiños, e a profe de Galego, Delia, leu o seu que por certo resultou gañador no concurso convocado polo concello de Burela.
Os gañadores e gañadoras dos concursos de lemas e carteis contra a violencia de xénero, foron agasallados, simbólicamente, cunha doce rosa de gominola, xa que ao final de curso entregaránselles os premios como todos os anos. No concurso de lemas o 1º premio foi para María e Pedro, de 4º da ESO e o 2º foi para Clara, Rocío e Iris, de 1º de BAC. Por suposto houbo unha mención especial do xurado para Osvaldo, de 1º de Bac,, artífice do lema que deu título á nosa exposición sobre á violencia contra a muller. No que respecta ao concurso de carteis, o 2º premio quedou en 2º da ESO xa que gañou Celia e o 1º premio levouno Marta de 1º ESO.
Para rematar o acto fixemos unha solta de globos violetas como homenaxe a todas as mulleres asasinadas iste ano a mans das súas parellas ou exparellas.