2 dic 2016

MANIFESTÁNDONOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os alumnos de 4º ESO  foron os encargados de presentar o acto que, retrasado pola neve, estaba previsto para o 25 de Novembro con motivo do Día contra a Violencia de Xénero. A visualización duns cortos sobre este gran problema social iniciou a toma de conciencia da nosa comunidade educativa cara a esta lacra social. Logo o manifesto contra iste tipo de violencia, elaborado por Nía Perona  e  Laura  Fernández, leuno María Rodríguez en galego, Belén en inglés e Luis Ángel e Diego en francés. Temos que agradecer a colaboración das profes de francés, Paula Ballesteros, e de inglés, Mª Jesús Suárez, que fixeron a tradución do manifesto.
O rexeitamento á violencia tamén quedou patente dende o magnífico poema  de Fabián Niño, de 4º da ESO.
Tamén leron Érica e Laura uns microrrelatos ben apañadiños, e a profe de Galego, Delia, leu o seu que por certo resultou gañador no concurso convocado polo concello de Burela. 
Os gañadores e gañadoras dos concursos de  lemas e carteis contra a violencia de xénero, foron agasallados, simbólicamente, cunha doce rosa de gominola, xa que ao final de curso entregaránselles os premios como todos os anos. No concurso de lemas o 1º premio foi para María e Pedro, de 4º da ESO e o 2º foi para Clara, Rocío e Iris, de 1º de BAC. Por suposto houbo unha mención especial do xurado para Osvaldo, de 1º de Bac,, artífice do lema  que deu título á nosa exposición sobre á violencia contra a muller.   No que respecta ao concurso de carteis, o 2º premio quedou en 2º da ESO xa que gañou Celia e o 1º premio levouno Marta de 1º ESO.
Para rematar o acto fixemos unha solta de globos violetas como homenaxe a todas as mulleres asasinadas iste ano a mans das súas parellas ou exparellas.



 





























No hay comentarios:

Publicar un comentario