24 feb 2014

24 de febreiro. Día de Rosalía

Hoxe, 24 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía porque tal día coma hoxe aló polo 1837 nacía a poetisa galega. Aproveitando que no 2013 se conmemorou o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos sacamos de novo os traballos que se realizaron para dita data sinalada. A biblioteca únese á celebración cumpreañeira de Rosalía de Castro. Parabens Rosalía!!











16 feb 2014

De novo unha nova referida a nos na prensa.

Unha vez mais as actividades do Instituto aparecen na prensa. Desta vez o domingo no suplemento Gente de El Progreso faise eco da visita dos alumnos de 1º e 2º da ESO ao Museo de A Fonsagrada para visitar a exposición "As bestas e nos". COmo sigamos a este ritmo mediático ainda van ter que facer unha sección especial para nos!!



14 feb 2014

Mensaxeiros do amor

Como non podía ser doutra maneira, hoxe, San Valentín enviou aos seus mensaxeiros do amor para que repartisen as cartas que se foron depositando na urna dende que esta foi posta. Un ano mais os alumnos de 2º de BACH tiveron a honra especial de facer de mensaxeiros do amor e levar esas cartas tan especiais ata cada un dos seus destinatarios.
Podedes ver todas as fotos no Facebook do Instituto ou facendo click AQUI


I Certame de Cartas de Amor

Hoxe, día de San Valentín entregáronse os premios do I Certame de Cartas de Amor, os traballos recibidos foron de bastante calidade e o xurado tivo que traballar a reo para poder decidir os gañadores. Finalmente concedéronselle  premio aos seguintes traballos presentados.
3º Premio Pequeno soño de primavera de Sheila Monteserín Fernández
2º Premio Amor propio de Irene Barreira Díaz
1º Premio Preso de por vida de Elena Regueiro Mesa e Adrián López Toimil.
Parabens a todos os participantes e en especial aos gañadores.
Podedes ver todas as fotos da entrega de premios no Facebook do Instituto ou facendo click AQUI


12 feb 2014

O escritor Antonio Gil interactua en Twitter cun dos nosos alumnos

Grazas ás redes sociais podemos ter comunicación directa con algúns dos escritores dos libros que temos na nosa biblioteca. Neste caso foi Antonio Gil, autor de El partido que cambió la historia, quen respostou a un chío feito dende o Twitter do Instituto ( @iespfontemalbei ). Moitas grazas!





Nova doazón de películas e revistas

Temos unha sorte inmensa de que o profesorado do centro vaia facendo aportacións aso fondos da biblioteca. Nesta ocasión Carmen Arias trouxo unhas revistas e películas moi interesantres. Moitas grazas Carmen!


11 feb 2014

De novo mediáticos

No diario El Progreso de onte apareceu reflectida a nosa iniciativa de #besatecontraelmaltrato.
Estamos moi contentos da repercusión que tivo a nosa pequena aportación a esta boa iniciativa.



7 feb 2014

#besatecontraelmaltrato

A empresa de mobles Muebles Boom ten en marcha unha iniciativa solidaria. Por cada foto dun bico que se suba na web de http://www.besatecontraelmaltrato.com/ coa etiqueta #besatecontraelmaltrato doaran 1€ á Fundación Ana Bella que axuda ás mulleres maltratadas.
No Fontem Albei fixémonos eco desta iniciativa e preparamos un photocall para bicarnos contra o maltrato e asi colaborar coa boa iniciativa.
Animádevos a subir tamén as vosas fotos na páxina web do proxecto  http://www.besatecontraelmaltrato.com
Podedes ver todas as fotos na web http://www.besatecontraelmaltrato.com/ ou no  FACEBOOK do Instituto.




4 feb 2014

San Valentín está cerca...

San Valentín xa está chegango, témolo casi aí. E queremos facerlle unha boa benvida, para que se sinta ben e se quede.
Por iso propoñémosvos duas novidades,ademais da furna de mensaxes de amor como cada ano.
Gustaríanos saber como expresades o amor, de que formsa vos chegou ou onde vichedes demostracións de amor. Podedes envialas ó email que aparece no email anunciador e poñeremolas aqui, no facebook e no Twitter.


Por outro lado tamén queremos premiar a aqueles que se decidan a participar no Certame de Cartas de Amor. Tedes as bases nos taboleiros das clases, no taboleiro da Biblioteca e na  porta de entrada do Instituto.
Esperamos que vos animedes moitos!!