23 nov. 2016


25 DE NOVEMBRO

Xa se achega esa data na que seguimos reivindicando unha igualdade entre homes e mulleres que parece non se acada nunca. É difícil chegar a comprender que continúe habendo que contabilizar mortes por violencia de xénero, e aínda resulta máis paradóxico que a idade das vítimas cada vez sexa menor. Os casos de violencia, xa sexa verbal ou física, entre adolescentes, parecen incrementarse nunha sociedade que se ten por "progresista". A sinrazón asómase  cando escoitamos noticias nas que rapaces de 14, 15, e incluso menos anos, agreden ás súas parellas por mirar a outro, por levar roupa "pouco adecuada"...
Entendemos menos aínda que esos rapaces interioricen certos tópicos machistas presentes na sociedade. Xa se sabe, hoxe bautizamos o mesmo concepto doutro xeito, chámalle micromachismos ou chámalle x, e quedamos tan contentos. É máis do mesmo.
Pero seguimos intentando que non ocurran esas cousas e para elo vamos a unha das raíces do problema: os valores que a educación nos pode aportar para previr unha violencia estructural. Coa finalidade de concienciar sobre este grave problema social, este ano os alumnos e alumnas de 1º e 2º, e 3º  da ESO  elaborarán cada un un  cartel contra a violencia de xénero. E os alumnos de 4º e 1º de Bac presentarán un lema no que expresen o seu rexeitamento contra todo tipo de violencia contra a muller, xa sexa física ou psicolóxica.
 Ademáis 4º da ESO serán os redactores dun "manifesto contra a violencia de Xénero", traducido tamén a Inglés e Francés, que deixará patente o reixeitamento que  toda a nosa comunidade educativa sinte cara a esta lacra social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario