24 feb 2017


ROSALÍA DE CASTRO, SEMPRE PRESENTE.


Neste 24 de Febreiro, entre Entroidos e exames, sempre rememoramos a gran importancia que Rosalía de Castro ten na nosa Cultura. Tanto dende o punto de vista literario como dende a repercusión da súa vida na emancipación da muller, Rosalía supón un claro exemplo de virtude e esforzo que merece ter sempre presente.
As reminiscencias da súa obra están por todas partes aquí en Galicia e máis alá das nosas fronteiras, en campos moi distintos. Co nome  de Rosalía de Castro podemos atopar infinidade de rúas, museos, casas da cultura, escolas, institutos, asociacións... A súa imaxe voa tan alto que incluso aparece nos avións  da compañía aérea Norwegian e estase comtemplando a posibilidade de cambiar o nome ao aeroporto de Santiago de Compostela polo da nosa poetisa.
O tempo parece que no caso de Rosalía si que lle vai facendo xustiza. Nós, dende Afonsa, tamén nos sumamos a ese recordo tan merecido. Expoñemos os libros da nosa autora e facémolo nuns mobles moi especiais xa que se trata de enseres, que andaban sen moito rumbo polo instituto, e que os alumnos de PMAR restauraron, no obradoiro que ten lugar os mércores pola tarde, coordinados pola profa de Inglés María Ansede. Gracias ao esforzo de todos eles a nosa biblio luce así de estupenda:




Escaleira restaurada polos alumnos do obradoiro


A mesa na que están algunhas obras de Rosalía tamén é obra
de alumnos de PMAR

 Jónathan e Jorge son dous dos alumnos de PMAR que participan
 no obradoiro de restauración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario