10 may 2013

Conferencia de Tarsy Carballas

Hoxe tivemos a grande sorte de contar coa presenza de Tarsy Carballas, muller galega,lucense, e científica do CSIC dende 1965. Foi unha muller pioneira no campo da investigación e estudo da xénese,clasificación e cartografía dos solos das zonas templado-húmedas de España.
Fixo estadías investigadoras en Francia,Inglaterra, República Checa e Venezuela.
A pesar de estar xubilada segue ó mando dun grupo de investigadores no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia.
Tarsy Carballas falounos na primeira parte da conferencia  da sua vida dende a sua Taboada natal ata os seus primeiros pasos como investigadora.
Na segunda parte centrouse nas suas investigacións no campo das Ciencias Agrarias e en especial da reforestación dos montes despois dos incendios forestais.
Esta conferencia estaba encadrada dentro dos actos do Dia Internacional da Muller que por motivos de axenda da conferenciante primeiro e polas inclemencias metereolóxicas despois, non se puido celebrar ata hoxe.
Pero pagou a pena a espera!

Aquí tedes un par de fotos. O restop odedes velas no Facebook do Instituto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario