BLOG DA BIBLIOTECA DO IESP FONTEM ALBEI (A Fonsagrada, Lugo)
10 dic 2014
10 de decembro. Día dos dereitos humanos.
Un 10 de decembro de 1948 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aproba a Declaración Universal dos dereitos humanos documento histórico que detalla en 30 artigos os dereitos fundamentais que unen a todas as nacións e aos seus habitantes.
Foi en 1950 cando esta Asamblea decide, coincidindo coa data da sua aprobación, declarar o 10 de decembro como o Día dos dereitos humanos.
Os alumnos de 4º de P.D.C. fixeron un bo traballo para coñecer mellor estes dereitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario