Lucía, Alba e Rubén quixeron facer un panel especial para a paz. Para elo primeiro fixeron pombas da paz collendo as suas mans como plantilla. Despois de recortalas e deixalas bonitas, cada un colleu unha delas e escribiu a sua mensaxe de paz.
Pero como saben que a paz tamén empeza por compartir, decidiron facer pombas para que os seus compañeiros puideran deixar tamén as suas mensaxes de par no Panel da Paz.
Parabens aos tres polo seu traballo e a sua iniciativa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario