O cine entretén, emociona, entristece, pero tamén nos fai pensar e reflexionar sobre o mundo; de aí que sexa un bo recurso educativo para sensibilizarnos sobre dereitos sociais.
Neste 10 de Decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, presentámosvos unha escolma de películas, que tedes á vosa disposición na biblioteca, para que, ademáis de pasar un bo rato, pensemos na importancia duns dereitos naturais que deberían ser sempre obxecto de respecto por parte de todos e en todas partes.
Cada un dos 30 artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos vai acompañado de recomendacións cinéfilas que, como xa estamos preto do Nadal, podedes disfrutar no voso tempo de lecer.
Podedes curiosear as distintas películas escollidas e atopar información sobre a historia dos Dereitos Humanos na exposición da biblioteca.
Animádevos a levar algunha para Nadal!!!
Animádevos a levar algunha para Nadal!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario