7 jun 2011

BIBLIOMAN

Isto só se pode facer no Instituto da Fonsagrada!!! Agora que se achega o final dun longo curso, os que formamos parte do equipo da biblioteca do IES Fontem Albei quixemos dar a nosa particular visión do noso primeiro ano como centro PLAMBE. Empregando como recursos o humor, a retranca, a ironía, a provocación, e por suposto, contando coa colaboración e complicidade do profesorado e do alumnado do centro chegamos a este resultado. A historia que se narra no vídeo é ben sinxela: O bibliotecario escolar está sobrepasado polas circunstancias, está obsesionado co traballo, tanto é así que os libros acumúlanse sen parar, ten pesadelos coa CDU, non se acorda dos nomes dos seus alumnos/as (non ten adicación exclusiva á biblioteca, tamén da clase) e chámaos con nomes de programas informáticos, os compañeiros critícano...Busca a axuda dunha psicoanalista pero non lle serve de moito (está peor ca el). Ante esta situación ao equipo directivo non lle queda outra saída que relegalo do seu cargo, cambiándoo por unha persoa nova, eficiente e preparada: BIBLIOMAN. (Chegaron ventos de cambio á biblioteca escolar).


9 comentarios:

  1. O que necesitamos é un CONSELLEIROMAN... Parabéns.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns polo traballo, a idea, a realización... Está xenial

    ResponderEliminar
  3. É a terceira vez que intento faser o comentario. A ver se desta vai. Escaralleime de risa. Síntome totalmente identificado. Ese é o vídeo que me justaría faser a min... cachiiisss. Que ben se debe traballar nesa biblio. Fantástico.

    ResponderEliminar
  4. Esquecinme: O da droja no colacao foi definitivo...

    ResponderEliminar
  5. Encantoume o vídeo.Está xenial. Grazas por facerme rir entre tanto agobio.

    ResponderEliminar
  6. Boísimo!
    Que faltiña nos fai levar todo isto, e máis que pode vir, con humor. Noraboa polo video e por todo o que se nota que hai detrás.

    Biblioteca Brea Segade de Taragoña

    ResponderEliminar
  7. Como te comprendo, eu que xa estou expurgada!
    E ese xefe de estudos, tan autoritario..., o meu caro ex-compañeiro!
    Agradecida pola risoterapia. Parabéns e continuai na liña, por favor.
    Maria
    Biblioteca Ollos Grandes

    ResponderEliminar
  8. Sodes divinos, che!
    E, mira ti, poderíades facer ese BIBLIOMAN itinerante? Fassemos fondo pá viaxes, cafeses e o que fagha falta...Na biblio do IES O Mosteirón de Sada, Coruña, non nos viría mal unha MAN de máis...

    Ghrassias pola risa, a empatía e a p*** vocación.

    Unha aperta, compañeiros

    ResponderEliminar