18 jun 2011

PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI 2011: BIBLIOMAN

Estamos que non cabemos en nós de gozo. Acabamos de gañar un premio máis para o Instituto co vídeo Biblioman. Onte día 17, os que formamos parte do grupo audiovisual do centro, desprazámonos ata Boiro (A Coruña), para participar na gala de entrega de premios do festival audiovisual galego OLLOBOI que organiza o obradoiro audiovisual RODAXE. Tiñamos dous dos nosos traballos presentados: O lipdub e Biblioman. A nosa sorpresa foi saber que estabamos seleccionados para a final co vídeo Biblioman en dúas categorías: Premio do público e Premio Olloboi Escolar. E por fín chegou o éxtase cando o actor Miguel de Lira (un dos presentadores da gala xunto co director Luís Avilés) dixo: " e o premio do público é para....Bibliomán".


Dende a Biblioteca Escolar, que é o lugar de onde partiron este ano boa parte das iniciativas audiovisuais, e por parte das persoas que directamente levamos os asuntos audiovisuais do centro, queremos agradecerlle a toda a comunidade escolar: profesorado, alumnado, persoal non docente a súa complicidade, os seus ánimos, a súa comprensión e o sentido do humor. Sen todos vós isto non sería posible. GRAZAS MIL!!!!!

De novo colgo a nosa última gran curtametraxe:


3 comentarios:

  1. Parabéns compañeiros, e nestes tempos de tantos "cambios"..., por favor, vós non cambiedes. Canta falta fai o sentido do humor!!

    ResponderEliminar
  2. Parabéns e obrigada polos vosos sorrisos.
    No noso blogue, tedes un presente para vós (Bibliolhosgrandes).
    Abrazo

    ResponderEliminar
  3. Parabéns polo traballo ben feito!. E se por riba sodes premiados "mel na filloa". Felicidades!

    ResponderEliminar