30 ene 2017



MANDALAS HUMANOS DO IESP FONTEM ALBEI III


Aquí está o resultado dos mandalas humanos do noso insti realizados nas clases de Educación Física!!!

Educación para a Paz, a igualdade e a cooperación tamén dende o deporte.


1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC
Gracias ao profe de E.F Manolo García  pola súa colaboración.










27 ene 2017

PAZ E MANDALAS NO IESP FONTEM ALBEI II





"Un niño con un libro de poesía en las manos nunca tendrá de mayor un arma entre ellas..." dice Gloria Fuertes, en cuxa obra atopamos unha defensa acérrima do vínculo entre educación, poesía e Paz. Dende Afonsa propoñémosvos unha serie de lecturas para a Paz.




A árbore que fixeron os alumnos e alumnas de FP básica, ten nesta ocasión a finalidade de albergar noticias sobre a Paz. As súas fortes polas serven para soster historias como a das grúas pola paz, a da orquesta da paz, a do barco biblioteca, a historia do"ubuntu"... todas moi curiosas e todas exemplos de Paz. Si queredes enterarvos destas noticias, soamente tedes que acercarvos pola biblio e botarlle unha ollada a nosa peculiar árbore. 


Xa sabedes, Feliz Día da Paz!!!











26 ene 2017

PAZ E MANDALAS NO IESP FONTEM ALBEI I




Os  mandalas levan empregándose dende tempos antigos, especialmente no Budismo, como aliados da meditación e busca da paz interior.
A palabra "mandala" ou "mándala", provén da India, do sánscrito. Traducida significa "círculo", pero o significado do mandala vai moito  máis alá dun concepto xeométrico. Representa totalidade, estructura, centro, unidade, equilibrio, búsqueda de paz.
"Mandalas da Paz", así se chama o proxecto que nos propuxemos facer no noso centro para celebrar o 30 de xaneiro, Día da Paz e Non Violencia. E xa que niste curso as bibliotecas escolares teñen como lema: "Biblioteca escolar, territorio das artes", pensamos que a arte de facer ou colorear mandalas podería ser un boa maneira de expresar a importancia que cada un de nós aporte algo de paz interior á consecución dun mundo mellor.
Bonito mandala pintado por Laura, de 1º de Bac.

Arte para a Paz

Dise, dende a psicoloxía e a pedagoxía, que os mandalas aportan  serenidade, concentración e equilibrio interior a quen traballa con eles. Esperemos que así sexa porque estamos dacordo con Gandhi cando di  que " La persona que no está en Paz consigo misma, estará en guerra con el mundo entero".
Nas clases de Educación Física están facendo mandalas humanos tan interesantes como iste do alumnado de 2º da ESO:
Podedes ver máis xunto á exposición dos mandalas .Cando teñamos os  de todos os cursos publicarémolos tamén neste blog.
Exposición sobre os mandalas


"La persona que no esté en Paz consigo misma, será una persona en guerra con el mundo entero" M. Gandhi, lema que acompaña ao mandala pintado por María, de 4º da ESO.

"La Paz viene de dentro, no la busques fuera"


Información sobre o significado dos mandalas.

Outros usos didácticos dos mandalas.




20 dic 2016

NADAL DE LIBRO!          

Xa están aquí as festas de Nadal; vacacións, tempo de inverno,  de reunións familiares e de amigos, de lecer, e de ler xunto á chiminea, -os que a teñan-, ou da cociña de leña.
Para todos e todas ós que esto lles pareza un bo plan, temos na biblio un montón de libros e de películas esperándovos para acompañarvos nestas festas. Ao lado da nosa árbore de Nadal podedes atopar un montón de títulos de moi diversas e interesantes  temáticas.

Mirade que acolledora quedou Afonsa:



Hugo e Diego, de FP.B, axudando coa decoración navideña.

Preciosa árbore minimalista que fixeron os alumnos de FP.B

Escolma de libros para estas Festas


Gracias a todos pola vosa colaboración!

                     
 FELICES FESTAS A TODOS!!!









MANNEQUIN CHALLENGE NAVIDEÑO DO IESP FONTEM ALBEI!!!










16 dic 2016

AIREANDO OS DEREITOS HUMANOS

 O 10 de Decembro celebramos o Día dos Dereitos Humanos e nesta ocasión vamos "sacar a airear" esos trinta artigos para refrescar a nosa memoria e a de todos en xeral, xa que  ás veces parece que nos olvidamos da súa existencia e cumplimento. Para elo colgámolos á entrada da biblioteca para que todo aquel que entre e se atope con eles, teña en conta a súa existencia. Esperamos que sacar a airealos conleve telos sempre presentes como algo que é connatural ao ser humano, e tamén esperamos que non estean "collidos con  pinzas" senón ben afianzados na nosa sociedade.






2 dic 2016

MANIFESTÁNDONOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os alumnos de 4º ESO  foron os encargados de presentar o acto que, retrasado pola neve, estaba previsto para o 25 de Novembro con motivo do Día contra a Violencia de Xénero. A visualización duns cortos sobre este gran problema social iniciou a toma de conciencia da nosa comunidade educativa cara a esta lacra social. Logo o manifesto contra iste tipo de violencia, elaborado por Nía Perona  e  Laura  Fernández, leuno María Rodríguez en galego, Belén en inglés e Luis Ángel e Diego en francés. Temos que agradecer a colaboración das profes de francés, Paula Ballesteros, e de inglés, Mª Jesús Suárez, que fixeron a tradución do manifesto.
O rexeitamento á violencia tamén quedou patente dende o magnífico poema  de Fabián Niño, de 4º da ESO.
Tamén leron Érica e Laura uns microrrelatos ben apañadiños, e a profe de Galego, Delia, leu o seu que por certo resultou gañador no concurso convocado polo concello de Burela. 
Os gañadores e gañadoras dos concursos de  lemas e carteis contra a violencia de xénero, foron agasallados, simbólicamente, cunha doce rosa de gominola, xa que ao final de curso entregaránselles os premios como todos os anos. No concurso de lemas o 1º premio foi para María e Pedro, de 4º da ESO e o 2º foi para Clara, Rocío e Iris, de 1º de BAC. Por suposto houbo unha mención especial do xurado para Osvaldo, de 1º de Bac,, artífice do lema  que deu título á nosa exposición sobre á violencia contra a muller.   No que respecta ao concurso de carteis, o 2º premio quedou en 2º da ESO xa que gañou Celia e o 1º premio levouno Marta de 1º ESO.
Para rematar o acto fixemos unha solta de globos violetas como homenaxe a todas as mulleres asasinadas iste ano a mans das súas parellas ou exparellas.



 





























29 nov 2016


"POR QUE TANTA VIOLENCIA? 

XA PARECE TENDENCIA"

O día 25 non puidemos levar a cabo os actos que tiñamos previsto para manifestarnos en contra de todo tipo de violencia contra a muller xa que unha boa nevada impediu que se desenvolveran as clases con normalidade. 
Pero non importa porque todos os días son bos para mostrar o noso reixetamento a este tipo de problemas sociais, así que nesta semana esperamos desenvolver o noso acto de repulsa á este tipo de violencia. No panel da entrada da biblio pódense ver os lemas e os carteis contra a violencia de xénero que os alumnos fixeron para participar nos concursos convocados pola biblioteca.
Tamén está exposto o mural que elaboraron alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO no que se manifesta a capacidade da educación para previr a violencia entre homes e mulleres dende a coeducación. Hai referencias a poemas de Federico García Lorca, e de Carmen Blanco, escritora e profesora lucense que nos ten acostumados a  unha defensa da muller dende a literatura.
O lema que eleximos para ilustrar a nosa denuncia hacia os malos tratos á muller é : "Por que tanta violencia? Xa parece tendencia", lema de Osvaldo Suárez de 1º de Bac

BASES DOS CONCURSOS DE LEMAS E CARTEIS



POEMA DE CARMEN BLANCO

MANIFESTO ELABORADO POR NÍA E LAURA, DE 4º ESO

EDUCACIÓN EN IGUALDADE

PANEL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

POEMA DE CARMEN BLANCO