9 jun 2016

DE PREMIO EN PREMIO NO FONTEM ALBEI !!! 

 
Parece que temos una canteira de escritores e poetas no noso centro porque aparecen premios por todas as  esquinas, e proba de elo son Claudia Fernández Villabrille co conto “A serea”,  Víctor Enríquez Álvarez co relato “O unicornio” e  Alba Díaz Barro co título  "Era un día normal e corrente”, que acadaron o primeiro, segundo e terceiro  premio , respectivamente,  do concurso do Día das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Pública da Fonsagrada.
Pero ademáis a creatividade chega tamén á parte poética  xa que Fabián Niño, de 3º da ESO, gañou o 2º premio de poesía Rosalía de Castro.
Moitas felicitacións a todos polo voso traballo. Ben feito rapaces e rapazas!!!

18 may 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016 (II)

Dicen que " gallegos y asturianos, primos hermanos"... Saúl, Daniel, Martín. asturianos, e Miguel, galego de pura cepa. 
O venres 13 celebramos o Día das Letras Galegas no Fontem Albei coa lectura de poemas do homenaxeado Manuel María, por parte dos alumnos de 4º da ESO, e organizado polo departamento de Lingua Galega. Os poemas estaban expostos nunha presentación con imaxes alusivas á temática de cada verso. En breve estarán as fotos no Facebook do instituto.
Na biblioteca expuxemos a vida e obra do noso autor na bandeira de Galicia, terra pola que loitou tanto dende a política como dende a súa obra literaria, e tamén sacamos os fondos que todos tedes á vosa diaposición en Afonsa.


No corredor, un poema de Manuel María recórdanos a importancia do noso idioma, e xunto a el unha pequena homenaxe ao escritor finado iste 2016, Xosé Neira Vilas. E xa que todos @s alumnos do IES Fontem Albei leron a obra de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, algúns deles deixaron constancia por escrito da súa opinión respecto á obra máis leida e traducida da literatura galega.

 

12 may 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016 (I)                                 


 Iste 17 de Maio adícase o Día das Letras Galegas a Manuel María Fernández Teixeiro, ao que coñecemos como Manuel María. Naceu en 1929, en Outeiro de Rei (Lugo) e trasládase a Lugo para estudar o bacharelato e é nesta cidade onde comenza, moi noviño, o  seu percorrido polo mundo literario. 
A súa vida estivo moi relacionada coa política; traballou como Procurador dos tribunais en Monforte, participou clandestinamente na reorganización dos partidos nacionalistas aló polos axitados anos 60 e 70, e foi elexido concelleiro en 1970. Abandona a militancia política en 1985 e dende entón adícase exclusivamente á súa obra literaria e a labores culturais sempre relacionadas co impulso e defensa da lingua galega, ata a súa morte que tivo lugar no ano 2004 na cidade da  Coruña.
Manuel María deixounos unha obra extensa e que recolle diversidade de xéneros que van dende o ensaio, poesía, teatro...  

27 abr 2016



O video de Justa Señor do Día da Muller Traballadora,  elaborado pola profe de Plástica Mª José, o podedes ver dende aquí. En breve teremos o video da charla con Justa e Esperanza Abelairas.






25 abr 2016

DÍA DO LIBRO: DON QUIJOTE NO FONTEM ALBEI (II)

E seguimos a conmemorar o Día do Libro...
No Fontem Albei, o venres 22, levóuse a cabo unha lectura ininterrompida do Quijote, organizada polo departamento de Lingua Castelá, durante toda a mañá. Os alumn@s  leron por grupos, dous minutiños cada un, e no recreo tocóulles o turno aos profes e profas.
Como telón de fondo tiñamos a exposición que o Equipo da Biblioteca fixo sobre Cervantes, O Quijote e as viñetas de Forges sobre estos personaxes. Tamén sacamos os fondos da  nosa biblioteca sobre a vida e obra de Cervantes, as súas obras e todo o relacionado con elas para a exposición . Ata tiñamos muíños de vento!!!. Un deles xa estaba no centro e os outros dous foron obra de laboriosas alumnas de 1º da ESO.

Deixámosvos algunhas das fotos da celebración. Podedes velas todas próximamente no Facebook do instituto.

O alumnado de 1º da ESO deixou constancia do significado que ten a lectura nas súas vidas.






































14 abr 2016

DÍA DO LIBRO: CERVANTES, O QUIJOTE... E FORGES (I)



Neste mes de Abril temos unha conmemoración moi especial pois o 23 celébrase o Día do libro. E xa que este ano 2016 cúmplese o IV Centenario do pasamento do noso escritor en Lingua Castelá máis ilustre, Miguel de Cervantes Saavedra (1547-1616), dende Afonsa aproveitaremos para recordar a súa vida e obra, especialmente  a súa obra máis coñecida e recoñecida, Don  Quijote de la Mancha.
Polo tanto, o Día do libro no Fontem Albei terá como protagonistas a Cervantes, ao cabaleiro Don Quixote e o seu fiel escudeiro e tamén a alguien que retratou, e sigue facendoo de forma marxistral, a estos personaxes. Referímonos a Forges. 
Durante todos os anos que leva publicando as súas viñetas no diario El País, Forges describiu infinidad de veces tanto  a Quixote e a Sancho como ao seu creador. A través de tan ilustre parte da nosa literatura cóntanos problemáticas do presente, acercando a cultura literaria ao humor e á información máis actual.
Sendo o noso obxectivo principal fomentar a importancia da lectura entre o noso alumnado, pensamos que igual a través do humor non sería mal camiño para coñecer un pouco máis a istes personaxes literarios e de aí que estemos preparando unha mostra das viñetas de Forges. Buscando as viñetas de Forges sobre O Quixote, atopamos unha exposición da Biblioteca da Universidade Complutense de Madrid, moi interesante e que podedes ver aquí.
A nosa será máis modestiña pero esperamos que sirva igualmente para acercar aos nosos lectores a ditos personaxes e á importancia da lectura en xeral.
Iremos vendo como se van desenvolvendo as actividades deste mes respecto ao Día do libro. Os alumnos de 1º da ESO visionaron e comentaron o cortometraje de animación: "Los libros voladores del señor Morris Lessmore"  de E. Willian Joyce, premiado cun oscar ao mellor corto animado no ano 2011, no que se salienta a importancia dos libros nas nosas vidas. Podedes disfrutar del facendo clic aquí.





13 abr 2016

"CONFERENCIA MEDIOAMBIENTAL" DOS ALUMNOS DE 3º ESO.

Dentro do  proxecto que os alumn@s de 3º da ESO, orientados por un grupo de profes e profas, están levando a cabo sobre os impactos medioambientais, celebróuse no Fontem Albei unha conferencia protagonizada polo alumnado de dito curso. Por parellas, micro en man e perfectamente ataviados, todo hai que decilo, presentaron os seus proxectos. As temáticas que traballaron versaron sobre a contaminación da auga, contaminación do aire, deforestación, destrución do medio natural, diminución da biodiversidade, xeración de residuos, quencemento terrestre e  incendios forestais. 
Todos estaban baixo a atenta mirada dun público disposto a votar á mellor política ecolóxica, xa que algúns estaban formalmente acreditados como "eurodiputados" e serían os encargados de dirimir sobre cal sería a proposta gañadora. Pero tamén expresaron o seu  xuízo algúns profes que, baixo serios criterios de avaliación e rúbricas, decidirían si os poñentes eran ou non competentes na materia. Todo moi profesional pero tamén moi divertido porque os nervios que presentaban os poñentes nas horas previas ao evento, foron quedando olvidados e o humor fixo acto de presencia no debate posterior.
Os nos@s particulares conferenciantes demostraron unha boa capacidade oratoria, así como unha gran creatividade nalgunhas das posibles solucións aos problemas medioambientais.


Exposición de material bibliográfico sobre os temas a tratar na conferencia que podedes atopar na biblioteca .


En breve estarán as fotos do cumio no Facebook do instituto.